Feijóo debe dimitir porque "leva polo mundo o nome de Galicia vinculado ao narcotráfico"

Feijóo debe dimitir porque "leva polo mundo o nome de Galicia vinculado ao narcotráfico"

Feijóo debe dimitir porque "leva polo mundo o nome de Galicia vinculado ao narcotráfico"

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, pediu a dimisión de Feijóo porque “non pode levar polo mundo o nome de Galicia vinculado ao narcotráfico” como lle sucedeu en México. Dixo que o presidente galego organizou unha viaxe “baleira” unicamente para “tentar de escapar da presión pola súa vinculación co narcotraficante Marcial Dorado” abandonando os problemas de Galicia.

A parlamentaria socialista sinalou que Feijóo debe irse porque “o seu problema prexudica a imaxe de Galicia e impide o desenvolvemento das tarefas de goberno”, e engadiu que “Galicia non merece que traslade unha mala imaxe de Galicia nun momento tan delicado no que a confianza é tan importante para a economía”.

Engadiu que “si Feijóo non se sinte cómodo en Galicia e preparado para soportar a carga que leva ás súas costas por esta relación inmoral debe dimitir e dar paso a un goberno que afronte os problemas do país, que son moitos e moi graves”. Reclamoulle así que explique no próximo Pleno do Parlamento “por qué se sinte ameazado, quén o chantaxea” e qué motivos hai para esa chantaxe.

A parlamentaria socialista esixiulle a Feijóo “explicacións sobre a súa relación co narcotraficante cando era o número dous da Consellería de Sanidade” nun momento en que as vítimas da droga se contaban por centos. Salientou que “mentres as nais e pais loitaban polas rúas de Galicia contra os narcotraficantes, o segundo en Galicia na defensa da saúde paseaba co narcotraficante en iate pola ría.

Carmen Gallego considera que o nulo resultado da viaxe de Feijóo a México evidencia que foi organizada para “escapar” da presión pola súa vinculación co narcotraficante, xa que “fixo declaracións e promesas baleiras de contido sen importarlle xogar coa desesperanza dos traballadores do naval galego que continúan sen traballo”.

Dixo que os anuncios do goberno galego nesta viaxe teñen “o mesmo crédito que teñen os 14 barcos que prometeu para os estaleiros galegos e dos que non sabemos nada”, mentres “empéñase en errar o tiro nas súas promesas para o sector leiteiro” xa que, explicou, o problema son os custes de produción en orixe.

Problemas

Criticou que o presidente da Xunta estea mais preocupado polas súas malas compañías que dos problemas de Galicia en Caramelo, Pescanova, Santa Bárbara, conservas Cuca, o naval público de Ferrol e privado de Vigo, o sector mexilloeiro ou o sector leiteiro. Apuntou que o emprego industrial ten caído un 25 por cento mentres os economistas advirten que Galicia estase a converter nun “país sen fábricas”.

Sinalou que “a nosa principal preocupación son o desemprego e a situación económica”, xa que mentres o FMI sinala que todos os sacrificios feitos “non serviron para corrixir a situación porque vamos a peor”. Mentres, criticou que “a política industrial en Galicia non existe, o goberno está desaparecido e non quere dar explicacións”.

Gallego criticou a negativa á comparecencia da conselleira do Mar “para saber qué están facendo para protexer os empregos afectados pola situación de Pescanova”. Ademais, esixiu unha “resposta inmediata” da Consellería sobre a situación do sector do mexillón, demostrando o apoio ao sector, a promoción no mercado europeo, poñendo en valor a calidade dos produtos e unha investigación sobre a falla dos controis do Intectmar na semana santa.

Finalmente, salientou a situación do sector leiteiro “mentres o Goberno do Estado non quere garantir na Lei que están tramitando uns prezos mínimos que cubran os custes de produción”. Puntualizou que “o sector esmorece pero Feijóo fai promesas que non cumpre”.

Dependencia

A viceportavoz Grupo socialista amosou a solidariedade e o apoio do PSdeG-PSOE aos traballadores e traballadoras das unidades de Dependencia de Ferrol e Santiago, que hoxe comezan un peche en protesta polo desmantelamento das oficinas de valoración da discapacidade por parte do goberno de Feijóo.

Carmen Gallego alertou de que o ataque a estas unidades forma parte da “forma silente de rematar cos dereitos proclamados na Lei de Dependencia” e criticou a súa “cobardía política” á hora de recoñecer a súa oposición a esta Lei coa que “pretenden acabar pouco a pouco, recortando os orzamentos e desmantelando os equipos de avaliación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar