Feijóo debe dicir a verdade e facerse crer polos galegos sobre a súa relación co narco Marcial Dorado

Feijóo debe dicir a verdade e facerse crer polos galegos sobre a súa relación co narco Marcial Dorado

Feijóo debe dicir a verdade e facerse crer polos galegos sobre a súa relación co narco Marcial Dorado

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle a Feijóo que “diga a verdade e se faga crer polos galegos e galegas” sobre a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado na comparecencia que terá lugar o próximo mércores. Dixo que Galicia “merece unha explicación verdadeira e convincente” logo das “mentiras flagrantes” sobre a súa relación co coñecido narco.

Losada instou ao presidente do goberno galego a “asumir as responsabilidades políticas” precisas e “abandone o escapismo e o alonxamento progresivo da cidadanía” e reclamoulle que “deixe de persistir na mentira, na demagoxia e na fuxida cara adiante pra prolongar unha situación agónica”.

O portavoz socialista replicoulle hoxe ás dúas liñas da estratexia de Feijóo e do PP diante da publicación de imaxes acreditando a relación entre os dous persoeiro, que son a de cualificar a situación de “infamia” e de sinalar que a publicación vai contra a democracia. Así, dixo en primeiro lugar que “a infamia non é a publicación das imaxes, a infamia continúa mentres Feijóo continúe sendo presidente sen explicar a súa relación”.

Losada advertiu que o presidente “tentou de desviar o foco de atención” e puntualizou que “nunca falamos a priori dun comportamento delictivo de Feijóo pola súa relación co narcotráfico, nós falamos de política”. Engadiu que “falamos do que representa en termos de infamia que o daquela máximo responsable do Sergas tivera unha relación moi prolongada cun dos máximos responsables do narcotráfico en Galicia”.

O responsable socialista considera que “a infamia é pensar mais nel mesmo que na sociedade que dirixe”. Engadiu que “Feijóo mentiu sobre a relación e a intensidade da relación” co narcotraficante ao asegurar que pechara aquela relación a finais dos 90, o que foi desmentido tanto polo xuíz Vázquez Taín, que acreditou conversas entre os dous xa entrada a década dos 2000, e os medios que acreditaron novas viaxes xuntos.

Insulto á democracia

Losada replicoulle hoxe aos responsables do PP que nesta fin de semana cualificaron a publicación das fotos de “ataque á democracia” que “a transparencia nunca prexudica á democracia” e criticou os “tics autoritarios” que levan á dereita a cercenar a transparencia. Considerou un “insulto á democracia que Feijóo continúe no seu posto sen dar unha explicación solvente”.

Dixo que o PP está a aplicar “a mesma filosofía política que levou a Feijóo a aseverar que as maiorías lexitiman a ética do comportamento, cando a realidade é que as maiorías lexitiman o poder, pero a ética ven na mochila de cada un”. Reclamoulle a Feijóo “que conte a verdade” o próximo mércores “e a partir de aí Galicia saberá o que ten que reclamarlle”.

Advertiu que o Goberno galego está nunha “situación vulnerable” derivada do comportamento do seu presidente ao furtarlle “unha explicación sólida e convincente”. Tamén apurou ao vicepresidente do Goberno, Alfonso Rueda, a facer entrega da documentación sobre a relación das empresas de Dorado coa administración autonómica solicitada polos socialistas galegos.

Dixo ademais que Feijóo atópase nunha “situación insostible”, como demostra que “tanta xente ten que defendelo con tanta vehemencia”, e dixo que o conselleiro de sanidade e xefe de Feijóo no momento en que se realizaron as fotos, Romay Beccaría, “está tradicionalmente ben informado, e polo tanto sabía quén era Marcial Dorado” e lembroulle que “mentir é pecado, e en termos políticos debe ser mortal”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar