Feijóo debe "dicir a verdade e dar a cara" sobre a desaparición de NGB

Feijóo debe "dicir a verdade e dar a cara" sobre a desaparición de NGB

Feijóo debe "dicir a verdade e dar a cara" sobre a desaparición de NGB

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que “diga a verdade e dea a cara” sobre a desaparición de NGB, logo de que o Banco de España anunciara a subhasta da entidade para antes do verán. Así o dixo logo de afearlle a “cobardía política” amosada no debate do Estado de investidura ao intentar de eludir as súas responsabilidades.

O responsable socialista dixo que “é tempo de valentía política e de dar a cara polo país”, e criticou que “non pode ser que despois das fotos e dos brindes agora Feijóo estea agochado detrás dos xestores”. Dixo que “é tempo de que dea contas do maior fracaso do seu goberno” logo de bloquear a Comisión de Investigación e a entrega de información á oposición no Parlamento de Galicia.

Losada criticou que Feijóo dixera onte que “é o tempo dos xestores” do ente, obviando que estes xestores “previamente foran apadriñados por el mesmo”, e criticou a estratexia de acaparar protagonismo no momento da fusión pero de fuxir da escena ao evidenciarse o seu fracaso. Criticou o excesivo protagonismo do presidente da Xunta con fines propagandísticos “como fixo co caso de Pemex como exemplo paradigmático”.

Abel Losada lembrou que no debate do Estado da Autonomía Feijóo quedou “fora de xogo” logo de que Pachi Vázquez lle preguntara polo anuncio do Banco de España de resolver a subhasta “canto antes”. Advertiu que o presidente da Xunta “ou non sabía nada, co que demóstrase como un incompetente, ou mentiu deliberadamente”.

Esixiulle a Feijóo que recupere presione políticamente ao goberno central para manter a entidade galega tal e como facía cando no Banco de España estaba Miguel Ángel Fernández Ordóñez e no Ministerio de Facenda Elena Salgado. Apuntou que “hoxe ten ao señor Linde –nomeado por Rajoy para o Banco de España-, e o FROB está dirixido polo ministro De Guindos e o Banco de España”.

Comprometeu o apoio dos socialistas galegos para manter a entidade en Galicia, e lembrou que “si Bankia é sistémica, NGB é mais sistémica nesta Comunidade Autónoma”, ao supor mais do 40 por cento do negocio financeiro no territorio.

Lamentou que “ata agora só escoitamos a presión de Feijóo para defender aos inversores que superan os 70 millóns de euros na entidade”, pero esquece a exclusión financeira de concellos, a elevada perda de postos de traballo na entidade ou a desaparición da obra social. Lamentou que o goberno galego “nin está nin se lle espera” para defender aos traballadores ou solucionar o bloqueo de créditos para as familias e as Pemes.

Preferentes

O portavoz do Grupo Socialista criticou que o presidente da Xunta amose unha especial preocupación para protexer aos grandes inversores mentres estase a perpetrar un “atentado brutal contra o eslabón máis débil da cadea”. Aludiu así a que os afectados pola estafa das preferentes e débeda subordinada teñen que asumir unha arbitraxe “parcial, opaca, ralentizada e que non soluciona o seu problema”.

Lembrou que mentres Feijóo preocúpase dos que invisten 70 millóns de euros das súas cuantiosas fortunas, da “a calada por resposta” para os 43.000 galegos e galegas estafados na fraude das participacións preferentes que ven cómo lles rouban literalmente tódolos seus aforros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar