Feijóo debe desbloquear a OPE para 1.600 prazas na sanidade pública

Feijóo debe desbloquear a OPE para 1.600 prazas na sanidade pública

Feijóo debe desbloquear a OPE para 1.600 prazas na sanidade pública

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle hoxe ao goberno galego que cumpra co acordo parlamentario para desbloquear unha Oferta Pública de Emprego –OPE- de 1.600 prazas para sanidade. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Facenda diante do Pleno do Parlamento para dar conta das liñas do seu departamento na nova Lexislatura.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de secundar a estratexia de Montoro ao bloquear a OPE de Educación como chantaxe para o debate dos orzamentos e alertou fronte á posibilidade de que queiran replicala no caso da OPE sanitaria. Sinalou que “logo das mentiras ás que someteron á sociedade galega fixeron parcialmente o que lles pediamos” e convocaron as prazas de educación a través dun Real Decreto Lei.

Esixiulles que sigan o mesmo camiño para aprobar as prazas de Sanidade, especialmente cando o Pleno do Parlamento aprobou na última sesión un acordo unánime para convocar 1.600 prazas. Sinalou ademais ao resto de prazas públicas, e preguntou se “estarán exentas” de futuras OPEs para “utilizalas nunha nova chantaxe cos Orzamentos Xerais do Estado”.

Responsabilizou ao goberno galego da precaria situación do emprego público, cando Galicia é a sexta Comunidade Autónoma pola cola en empregados públicos por cada mil habitantes e foi a quinta autonomía en redución de emprego público entre 2010 e 2016, cunha caída do 5 por cento mentres o Estado medrou un 3,7 por cento de media.

Austericidio

A responsable socialista fixo ademais un repaso sobre a xestión económica do goberno galego, sinaladamente na súa repercusión negativa no emprego en Galicia, logo de oito anos nos que “priorizaron reducir o gasto e non atender ás persoas”. Dixo que o goberno galego é “culpable de non ter aplicado políticas para minimizar os danos colaterais da crise”, senón “políticas de austericidio”.

A conclusión foi o incremento do emprego a base de temporalidade, baixa remuneración, e baixa protección ao traballador, disparando a inestabilidade e a precariedade. Sinalou que en Galicia medrou a contratación temporal nun 50 por cento, a pesares de ter perdido 77.564 habitantes dende 2009.

Dixo que a xestión económica de Feijóo xeneralizou a precariedade social e provocou que “non teñamos unha poboación sa”, cando catro de cada dez persoas vivindo en fogares sen capacidade de afrontar gastos imprevistos, 69.600 fogares con tódolos membros en paro, nunha autonomía que ten o terceiro salario medio máis baixo do Estado e ata 310.000 galegos vivindo por debaixo do salario mínimo.

Puntualizou que de feito o incremento dos orzamentos para a Risga “é a evidencia máis palpable do fracaso das súas políticas” ao ter que atender ao cada vez maior número de persoas en risco de exclusión, e evidenciando que “partíamos dunha das sociedades máis igualitarias e temos unha das máis desigualitarias”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar