Feijóo debe deixarse de recortes e axustes e empezar a propoñer medidas de impulso económico

Feijóo debe deixarse de recortes e axustes e empezar a propoñer medidas de impulso económico

Feijóo debe deixarse de recortes e axustes e empezar a propoñer medidas de impulso económico

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, reclamoulle hoxe a Feijóo que “defenda no Consello de Política Fiscal e Financeira medidas de impulso e reactivación económica para que Galicia saia da recesión. Reclamoulle que “en lugar de implantar novos e duros recortes que deterioran os servizos e paralizan a economía, demande e impulse medidas de reactivación económica”.

A responsable socialista chamou ao goberno galego a defender a sanidade pública, universal e gratuíta e que se posicione “en contra de que os pensionistas galegos, que teñen a pensión media mais baixa do estado, teñan que pagar polos medicamentos ou a atención sanitaria”.

Instou á Xunta de Galicia a rexeitar os recortes que promove Rajoy e engade que si, como di a Xunta, Galicia xa fixo os axustes, os galegos e galegas “nin poden nin deben soportar un só recorte mais”.

Advertiu que a entrada en recesión da economía galega obriga á Xunta a “dar a cara e afrontar a reactivación da economía e do emprego”. Dixo que os últimos datos do PIB coñecidos hoxe, sitúan en “serio risco” o desenvolvemento futuro desta Comunidade Autónoma diante da “inacción” do Goberno galego e dun presidente que “fuxe pola porta de atrás”.

Lembrou que, malia o “optimismo incongruente” do presidente da Xunta, que anuncia que Galicia liderará a recuperación económica de España, “tódolos indicadores económicos coñecidos ata o momento sinalan exactamente na dirección contraria”. Lembrou así o incremento do paro ou a caída brutal do índice de produción industrial, actividade turística ou as exportacións e agora tamén o PIB.

Caride criticou que as únicas aportacións do PP sexan, en lugar de traballar por recuperar o impulso económico acadado na pasada lexislatura, “poñer veliñas a santos ou facer rogos”, en alusión ás declaracións do portavoz deste grupo, Pedro Puy, que onte anunciaba que a súa proposta era “facer votos” para que o proxecto de NGB continúe sen subhastarse ao cen por cen.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar