Feijóo debe deixar de mirar para outro lado no caso Conde Roa

Feijóo debe deixar de mirar para outro lado no caso Conde Roa

Feijóo debe deixar de mirar para outro lado no caso Conde Roa

p>O parlamentario socialista Xoaquín Fernández Leiceaga acusou hoxe ao presidente da Xunta de “mirar para outro lado” diante da situación de Conde Roa. O responsable socialista presentou unha batería de iniciativas para “quebrar o muro de silencio” tendido polo Goberno galego diante desta “fraude ao interese público” perpetrado e admitido por quen tamén é o alcalde da capital de Galicia.

O responsable socialista sinala que o Goberno galego expropiou os terreos de Volta de Castro e, co propio Feijóo como conselleiro de Obras Públicas en 2005, adxudicou a Geslander a construción das 61 vivendas de protección oficial polas que Conde Roa non declarou nin pagou o IVE. Dixo que o presidente da Xunta está “implicado dende o principio” no proceso e era responsable da súa vixilancia.

Reclamou ao goberno galego que pare de avalar a estratexia de “ocultación” elaborada polo responsable de Geslander por canto a facenda autonómica resulta claramente prexudicada. Explicou que a metade dos 291.000 euros defraudados corresponden ao tramo autonómico, polo que tildou de “chamativo” que Feijóo opte por desviar a súa atención deste asunto.

Reclamou ao goberno galego que clarifique “cándo souberon desta situación” que o administrador coñeceu antes das eleccións municipais polo que “interésanos saber si a Xunta tamén”, o que implicaría graves consecuencias políticas.

Dimisión

Leiceaga dixo que “non pode pasar un día mais con Conde Roa como alcalde de Santiago porque compromete gravemente á cidade e a toda Galicia” por canto trátase da capital da Comunidade Autónoma. Reclamoulle a Feijóo que, como presidente da Xunta e tamén como máximo responsable do PPdeG, faga cumprir o código ético aprobado polo seu partido hai mais de un mes.

Sinalou que o propio líder do PP debe estar “á altura das súas decisións no pasado” en alusión á renuncia do cabeza de cartel por Ourense ás eleccións autonómicas tamén por un problema fiscal. Dixo que, malia que a alcaldía de Santiago corresponde ao PP logo das pasadas eleccións, “teñen a obriga de gobernar á altura do esforzo que lle estamos pedindo aos cidadáns”.

Apuntou que a situación de Conde Roa resulta “incompatible coa súa condición de alcalde” xa que mentres recoñece non pagar 291.000 euros a facenda e está “en risco de ingresar en prisión”, o Concello embarga a milleiros composteláns por débedas de 7 euros. Leiceaga dixo que a situación do “alcalde defraudador” ten como consecuencia que “destrúe a cultura de responsabilidade fiscal” que demandan á cidadanía.

Expediente informativo

O responsable socialista instou á Xunta a iniciar un expediente informativo pola situación ocasionada por Geslander á facenda autonómica, e advertiu de “informacións sobre  unha posible práctica de sobreprezo” das vivendas por un importe que supera os 200.000 euros. Lembrou que estas prácticas tamén foron denunciadas e condenadas no caso da inmobiliaria Construcuatro, xestionada polo candidato do PP en Pontevedra Telmo Martín.

Tamén solicitou por vía formal o expediente completo relacionado coa construción e venda das vivendas polas que non foi declarado o IVE. Explicou que, malia que existen outros casos nos que o impago do IVE é notificado e aprazado, a situación de Conde Roa é diferente porque non declarou esta situación, o que evidencia unha “actuación voluntaria e consciente de fraude”, polo que comeza a actuación.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar