Feijóo debe de "escoitar a voz da cidadanía e facer un cambio radical na política da Xunta"

Feijóo debe de "escoitar a voz da cidadanía e facer un cambio radical na política da Xunta"

Feijóo debe de "escoitar a voz da cidadanía e facer un cambio radical na política da Xunta"

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, instou hoxe a Feijóo a escoller entre “seguir a liña de Rajoy e non cambiar as súas políticas ou escoitar a voz da cidadanía e facer un cambio radical na política da Xunta”. Méndez Romeu utilizou a sesión de control ao presidente no Pleno do Parlamento para criticar que a “mala xestión” de Feijóo deixará unha “herdanza pésima”.

O responsable socialista utilizou os resultados das pasadas eleccións municipais, nas que a cidadanía “amosoulle a porta de saída” ao PP con un “voto masivo uniforme en tódalas institucións” que ofreceu unha resposta “contundente e inapelable”. Sinalou que as protestas contra a política nefasta do PP foron a antesala á perda da “maioría absoluta” da que gozaban na meirande parte das comunidades autónomas e dos concellos.

Se Feijóo non rectifica, dixo, vai camiño de deixar como herdanza “desigualdade, endebedamento, empobrecemento e xeracións novas marxinadas”, cunha “minoría cada vez mais rica e unha maioría en peores condicións”. Actualmente o 10 por cento que acumula a meirande parte da riqueza en Galicia ten unha “situación óptima”, con “mais beneficios e pagando peores salarios grazas a unha normativa laboral que impón a Lei da selva”.

Acusou ao presidente da Xunta de “perseverar no erro” que os levará a “gobernar a unha parte minoritaria da poboación local” na constitución das corporacións locais prevista para o próximo 13 de xuño. Ademais, advertiu que a súa lealdade manifesta ao presidente da Xunta contrasta coas “crónicas que o sitúan a vostede como un dos posibles brutos que van apuñalar ao César Rajoy”.

Peores datos

Méndez Romeu sinalou que malia os malos datos a nivel nacional que provocaron a caída do PP, en Galicia “os datos son peores, vostede está demostrando ser un mal xestor e está empeorando a situación do país”. En contra do seu compromiso de situar a Galicia liderando a recuperación económica e a mellora social, tódolos indicadores sitúan a Galicia en peor situación que o resto do Estado.

180.000 ocupados menos dende a chegada de Feijóo, 95.000 fogares con tódolos seus membros en paro, datos “escandalosos” de pobreza e “xeracións enteiras estragadas” e condenadas a emigrar fan que o balance de goberno do P sexa pésimo. Sen embargo, a resposta de Feijóo é “menos gasto social e sanitario, o endebedamento situado no máximo histórico e o investimento no mínimo”.

Responsabilizou a Feijóo e Rajoy de desamparar aos galegos e galegas diante dunha tormenta perfecta con menos persoas traballando, mais precariedade, mais rotación laboral, que ofrece un enganoso aumento do número de contratos, menos salario e o emprego indefinido que “pasou á historia” equiparando España con Grecia, Portugal ou Polonia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar