Feijóo debe de abandonar á personaxe de Jekyll e Mr Hyde que ofrece consenso na Xunta pero minte e insulta no Parlamento

Feijóo debe de abandonar á personaxe de Jekyll e Mr Hyde que ofrece consenso na Xunta pero minte e insulta no Parlamento

Feijóo debe de abandonar á personaxe de Jekyll e Mr Hyde que ofrece consenso na Xunta pero minte e insulta no Parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, propuxo un acordo para o impulso económico e a creación de emprego que permita “non dar nin un paso atrás nas condicións de vida dos cidadáns, especialmente nos mais desfavorecidos”. Losada chamou ao acordo ao presidente da Xunta, a quen instou a “abandonar a personaxe do escritor Robert L. Stevenson Dr Jekyll e Mr Hyde”.

O portavoz socialista criticou a dualidade de Feijóo, que nos consellos da Xunta preséntase como “amable e proclive a consensos a modo de doutor Jekyll”, mentres no Parlamento amosa a súa faciana de Mr Hyde e “falta á verdade, insulta á oposición, á que intenta facer control da oposición e se permite dar consellos” sobre a situación interna dos outros partidos.

Losada lembroulle ao presidente da Xunta que “o que debe é centrarse en gobernar e someterse ao control institucional”, e para iso resulta “imprescindible que a vontade dialéctica de consenso se traslade á realidade das votacións”. O parlamentario socialista esixiulle a Feijóo que asuma “talante democrático” para acordar un “cambio na política” económica e de impulso do traballo do seu goberno.

O parlamentario socialista presentou hoxe unha proposición non de Lei no Parlamento de Galicia para consensuar unha saída da crise que inclúa, ademais da consolidación fiscal, medidas de impulso económico e de creación de emprego. Dixo que as medidas económicas “non poden ser só axustes” que ademais prexudican especialmente aos desempregados e ás persoas en dificultades.

Puntualizou, parafraseando ao presidente de Uruguai, que o obxectivo da política é “facer que cada día os cidadáns estean un pouquiño mellor” e engadiu que “non é tolerable que haxa voltas para atrás”. Para iso, dixo, é “imprescindible un cambio de política económica”, especialmente cando a OCDE augura un desemprego “insoportable” do 28 por cento, o paro xuvenil é do 54 por cento e continúa reducíndose o crédito para empresas e familias.

O responsable socialista advertiu que os antecedentes para aplicar estas medidas “non son positivos” por canto algunhas delas xa foron rexeitadas anteriormente polo PP no Parlamento de Galicia. Sen embargo, situou a proposta no contexto de acordo aberto polo secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, e que está a ser trasladada hoxe polos socialistas nas diferentes comunidades autónomas.

Propostas

A proposición non de Lei chama á Xunta a que lle pida ao goberno central o impulso dun programa de consolidación fiscal “mais crible e que permita o crecemento, coincidindo coa “mellora do financiamento das empresas e familias” para “desatascar as vías de crédito” tanto na UE a través do BCE como a nivel interno creando un fondo público.

Os socialistas propoñen tamén combater o desemprego masivo e as súas graves repercusións sociais, ao tempo que se implementa unha estratexia económica favorable á creación de emprego habilitando mais crédito para impulsar o desenvolvemento de novos sectores industriais de futuro e a modernización dos mais consolidados.

Losada explicou que a estabilidade orzamentaria debe ser acadada “sen sacrificar o noso estado social nin a capacidade do sector público para dinamizar a economía”. Finalmente, propuxo un “Pacto de Rendas” entre patronal e sindicatos para frear a depreciación salarial das rendas do traballo, que actualmente se atopan pr debaixo das rendas do capital.

O obxectivo deste acordo, explicou, pasa por que a moderación salarial vaia acompañada da contención dos beneficios empresariais, dos prezos e dun reforzamento da política social.

O responsable socialista explicou que estes obxectivos son coherentes coas recomendacións realizadas pola Comisión Europea ao goberno español, que aínda que non son publicitadas polo goberno, inclúen a loita contra o desemprego ou o apoio ás persoas en risco de exclusión social. Subliñou sen embargo a discrepancia en canto aos “ritmos e contías” dos recortes impostos pola UE.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar