Feijóo debe dar explicacións e "deixar de mentir" sobre a súa relación "inmoral e indecente" co narcotraficante Marcial Dorado

Feijóo debe dar explicacións e "deixar de mentir" sobre a súa relación "inmoral e indecente" co narcotraficante Marcial Dorado

Feijóo debe dar explicacións e "deixar de mentir" sobre a súa relación "inmoral e indecente" co narcotraficante Marcial Dorado

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que “dea explicacións e deixe de mentir” sobre a súa relación “inmoral e indecente” co narcotraficante Marcial Dorado cando era secretario xeral de Sanidade. Así o dixo na “esperpéntica e absurda” comparecencia do actual secretario xeral de Sanidade sobre os contratos da Xunta coas empresas do narco.

A parlamentaria socialista criticou que onte o presidente da Xunta teña anunciado a destrución “precisamente destes expedientes” logo de ter anunciado os contratos que supostamente tiña asinados o narcotraficante na etapa de goberno de PSdeG e BNG. Criticou que “Feijóo dende o primeiro momento non fixo mais que mentir” polo que as súas declaracións “non son cribles”.

Acuña amosou a súa sorpresa polas declaracións do presidente da Xunta onte, alegando que “non hai papeis” para que hoxe o secretario xeral xustifique a súa comparecencia porque “hai demasiados papeis” para entregárllelos ao Parlamento.

Apuntou que ao anunciar a existencia de 16.000 documentos nos arquivos do Sergas contradí e mesmo desautoriza as declaracións de Feijóo onte anunciando a destrución dos contratos coas empresas de Marcial Dorado”. Esixiulle ao goberno galego “unha explicación diante deste bochornoso espectáculo” porque “si hai papeis minte Feijóo e si non hai papeis minte vostede”.

Anunciou que os socialistas presentarán unha batería de preguntas para coñecer “por qué se destruíron supostamente estes expedientes, quén é o responsable de destruír a información pública, cándo se fixo e cal foi a razón”.

Advertiu que “pediremos tamén documentación a Madrid antes de que desapareza para ver qué contratos facilitou dende alí o señor Feijóo ao seu amigo narcotraficante, xa que na súa etapa no goberno central continuaba a súa amizade”.

A responsable socialista anunciou que o Grupo Socialista “continuará esixindo os papeis” e advertiulle a Feijóo que “coa burda manobra de enviar a un secretario xeral a comparecer non vai conseguir agocharse”. Lembroulle á Xunta que ten “a obriga de respectar o Regulamento do Parlamento e entregar a documentación requirida”.

Ademais, explicou que os socialistas “precisamos valorar esa documentación para poder decidir si temos que levala ou non a algún xulgado para que diriman si Feijóo ten ou non ten algunha responsabilidade xurídica”. Dixo que “cuestionamos a Feijóo polas mentiras que ten dito dende que comezou este caso, pero si cometeu delito o dirá o xuíz” e puntualizou que “hai caso no Parlamento e está por ver si o hai tamén no xulgado”.

Inmoral e indecente

A parlamentaria socialista dixo hoxe que “a mentira mais inmoral e indecente de Feijóo e que o deslexitima para seguir á fronte do goberno é que afirmara que descoñecía quén era Marcial Dorado, un dos principais narcotraficantes de Galicia”. Dixo que o presidente da Xunta “ten moito que ocultar” cunha “actitude chulesca e hoxe con este patético e lamentable espectáculo”.

Advertiu que mentres Feijóo era responsable do Sergas, como secretario xeral de Sanidade, era amigo íntimo dun narcotraficante, responsable do drama das drogas que viviu Galicia nos anos 80 e 90. Sinalou que “amosaba daquela a mesma sensibilidade co problema da droga que hoxe, co desmantelamento do sistema de prevención e atención a drogodependentes” demostrando que “estaban e seguen estando do lado dos narcos”.

Por este motivo preguntoulle ao actual secretario xeral “si vostede ten intima amizade con algunha persoa condenada por contrabando e denunciada polas asociacións de loita contra a droga como narcotraficante”. Preguntoulle “si pasearía polas rías e viaxarían xuntos tranquilamente” e si “despois diso podería seguir no seu posto”, así como si o presidente da Xunta “pode seguir á fronte da Xunta despois disto”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar