Feijóo debe dar conta no Parlamento sobre o "fracaso e rendición" das súas políticas de emprego

Feijóo debe dar conta no Parlamento sobre o "fracaso e rendición" das súas políticas de emprego

Feijóo debe dar conta no Parlamento sobre o "fracaso e rendición" das súas políticas de emprego

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou a comparecencia de Feijóo para dar conta do “fracaso e rendición” das súas políticas de creación de emprego. O responsable socialista amosou o apoio ás manifestacións en defensa dos dereitos laborais convocadas para o 1º de maio e chamou á participación en contra das políticas aplicadas polo PP.

O responsable socialista dixo que Feijóo debe dar conta dunha serie de políticas erradas que “supoñen un incremento imparable do paro e a redución constante dos dereitos laborais”. Explicou que a coincidencia do fracaso na creación do emprego e o ataque aos servizos sociais provoca un “proceso de exclusión social” e xera un clima de tensión social.

Losada sinalou que polo momento o fracaso absoluto das políticas de emprego da Xunta elevan o número de parados aos preto de 300.000, e fai que os fogares sen ingresos teñan crecido un 30 por cento en Galicia en só un ano, ata acadar os 33.000. Advertiu que o elevado paro, que se manterá durante a lo menos dou anos, combínase co ataque “espectacular” aos servizos públicos por parte da dereita.

Subliñou que a realidade das políticas de Feijóo supuxo a desaparición de 27.500 empregados públicos en só un ano, cunha caída do 14 por cento, o dobre que no conxunto do Estado, e evidencia a “falacia da mensaxe de que en Galicia os servizos públicos crecen por enriba da media”. A realidade, explicou, é que “cada vez hai mais persoas na pobreza e exclusión social e os servizos públicos son cada vez menores”.

O portavoz socialista dixo que esta situación provoca de novo unha “brutal” emigración en Galicia, onde entre 2009 e 2011 naceron 66.100 persoas e emigraron 27.900, o 42 por cento dos nacementos. Lembrou que estas taxas están “sempre vinculadas a gobernos incompetentes e autoritarios, como na etapa da Restauración no século XIX, a ditadura de Primo de Rivera ou co franquismo.

Acusou a Feijóo de “reactivar o gen da maleta” nos galegos e galegas, que hoxe teñen que emigrar para “acabar competindo co noso tecido produtivo” favorecendo ás economías foráneas. Chamou así á participación nas manifestacións do próximo mércores en protesta contra o “éxodo brutal e o abandono inmoral” por parte dos gobernos do PP en Galicia e no Estado.

Marcial Dorado

O responsable socialista denunciou hoxe ademais que na información sobre a contratación da Xunta coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado, remitidas polo goberno galego o pasado venres, “faltan os contratos cos organismos autónomos, nomeadamente en Portos de Galicia e o Sergas” nos gobernos presididos por Manuel Fraga.

Losada amosou a súa “sorpresa” pola dilixencia amosada polo goberno galego para acadar os contratos asinados co goberno de PSdeG e BNG e a torpeza amosada para atopar os contratos de cando Feijóo formaba parte dos gobernos de Fraga, primeiro como responsable do Sergas e logo como vicepresidente e conselleiro de Obras Públicas.

Así, sinalou que “nos constan 3 contratos de Portos de Galicia con dúas empresas de Marcial Dorado nos anos 90, 91 e 97”, polo que dixo que “agardamos a información relativa ao Sergas” nesa mesma etapa na que estaba dirixido por Feijóo.

Losada advertiu que o goberno galego ten respondido á petición de información emitida por AGE mentres mantén sen resposta as preguntas emitidas polos socialistas galegos o 3 e o 11 de abril, sumando un retraso de 26 días. Reclamoulle á Xunta que respecte a orde cronolóxica na resposta ás preguntas socialistas, emitidas antes que o resto dos grupos, e presente os datos sobre as concesións e contratos coas empresas de Dorado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar