Feijóo debe dar conta no Parlamento do fracaso do seu modelo económico

Feijóo debe dar conta no Parlamento do fracaso do seu modelo económico

Feijóo debe dar conta no Parlamento do fracaso do seu modelo económico

Carmen GallegoA viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamou hoxe a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta do fracaso do seu modelo económico, á vista dos datos do PIB rexional coñecidos onte. Galicia é a terceira que menos creceu en 2014 –un 0,4 por cento fronte ao 1,4 da media- cun aumento que é a metade do previsto polo propio Feijóo.

A responsable socialista sinalou que os datos da Universidade de Oviedo en realidade “non demostran a incompetencia nin a incapacidade de Feijóo, senón que forman parte dunha estratexia e dunha ideoloxía para conformar unha sociedade cada vez mais dual”. Agora, o 90 por cento dos galegos son cada vez mais pobres mentres o 10 por cento restante son mais ricos, e o 1 por cento “escandalosamente ricos”, que antes da crise.

Criticou que Galicia pasara de contar cun “plus de resistencia” recoñecido en 2009 a ser unha das que menos medra en todo o Estado logo de seis anos de goberno de Feijóo. Cómo é posible, preguntou, “tanto erro nas previsións do goberno galego” para o ano 2014, no que o PIB galego medrou menos da metade do previsto polo presidente da Xunta.

Situou ao presidente da Xunta como máximo responsable de que a economía galega teña rexistrado un saldo comercial negativo de 1.310 millóns de euros en 2014 mentres consolida a precarización do emprego e as ratios de pobreza e desigualdade medran un 20 por cento grazas a Feijóo, chegando ás 672.000 persoas en risco de pobreza.

Acusou ao presidente da Xunta de “agocharse detrás dos empresarios” logo de chegar a interromper a programación da TVG para retransmitir un encontro cos responsables de Pemex en directo. Criticou que Feijóo se sumara á foto para despois “responsabilizar a Touriño, a Zapatero, a Almunia e, onte, lamentablemente que se esfuma a carga de traballo comprometida, a culpa e dos propios empresarios”.

Os socialistas galegos queren que Feijóo compareza na Cámara para “dar a cara” polo incumprimento da petroleira mexicana do suposto acordo que asinou co presidente galego “diante de tódolos galegos e galegas”.

Abanca

A responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “axudar aos amigos e condenar á pobreza e á desigualdade ao conxunto da poboación”, logo de ser “o primeiro da foto” da fusión das caixas, que supuxeron un custe de 9.000 millóns de euros a tódolos cidadáns para despois “regalárllela” a un empresario privado que pagou só 1.000 millóns de euros, para ter xa uns beneficios de 1.000 millóns de euros no seu primeiro ano.

Gallego reclamou a comparecencia de Feijóo para que explique “qué tiña de malo que continuara en mans do FROB e así recuperar o diñeiro público”. Criticou que logo da sobreexposición do presidente da Xunta nas fotos co anterior director da entidade, agora “agóchase” cando resulta evidente o “negocio redondo para os empresarios privados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar