Feijóo debe cumprir coa sentenza do TSXG que desbota o seu decreto do galego

Feijóo debe cumprir coa sentenza do TSXG que desbota o seu decreto do galego

Feijóo debe cumprir coa sentenza do TSXG que desbota o seu decreto do galego

O portavoz de Cultura e Lingua do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, ven de presentar unha interpelación na que lle esixe a Feijóo que cumpra coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o decreto do galego. O responsable socialista reclámalle así que “faga que o galego sexa a lingua no ensino nos termos previstos nas leis”.

Francisco Caamaño puntualizou que as decisións sobre a lingua galega tomadas pola Xunta presidida por Feijóo “comportan, segundo declara o TSXG, a ablación do dereito fundamental á educación”. Engade que, “en consecuencia, atenta directamente contra a lingua de Galicia, que é un dos bens mais prezados deste pobo e expresión do noso sentir cultural e político”.

O parlamentario socialista pregúntalle ao Goberno galego si acatará a devandita sentenza do TSXG que entre outras cousas invalida a consulta aos pais para escoller a lingua de ensino e reclama que expliquen “no seu caso, qué alternativa propón o Goberno para dar cumprimento ao declarado” polo tribunal.

Caamaño amosa a súa sorpresa por que o goberno galego impoña como “obrigado estudar unha lingua estranxeira mentres que se defende o carácter opcional de coñecer e utilizar a lingua propia”.

Sinala que a sentenza do TSXG “ven a derrubar o fundamento ideolóxico sobre o que a Xunta artellou o Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, anulando os artigos 5.2 e 12.3.

Explica que ditos artigos “son aqueles nos que o Goberno da Xunta proxectou o seu falso concepto de liberdade co propósito de agochar o deliberado abandono das responsabilidades que lle corresponden en defensa do interese xeral e do ben común”.

Francisco Caamaño apunta así que “é imposible ser coherente co disposto pola xustiza e ao tempo coa falsa noción de liberdade no uso da lingua no ensino defendida polo PP, sen que o feito de gañar unhas eleccións serva de xustificación para descoñecer o disposto nas leis e sentenciado pola xustiza”.

Discurso de investidura

O parlamentario socialista puntualiza que a intervención de Feijóo no debate de investidura “en troques de despexar eventuais dúbidas, vén a incrementar a preocupación da cidadanía galega sobre a conservación e defensa da lingua propia”. Refírese así ás afirmacións do daquela candidato á presidencia da Xunta, quen lembrou que “culturas e linguas tan antigas coma a nosa non puideron resistir o embate do tempo”.

Lembra tamén que Feijóo mesmo chegou a afirmar, en contra da realidade, que “o TSXG ven de avalar que o ensino sexa un equilibro entre as dúas linguas oficiais”. Caamaño considera “imposible que Feijóo sexa coherente” ao ofrecer ao mesmo tempo “actuar coa marxe de manobra que outorga a xustiza” e o “compromiso cos pais e coa liberdade, apoiado maioritariamente nas urnas tanto en 2009 como en 2012”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar