Feijóo debe concentrarse en construír o dique flotante de Ferrol en lugar de procurar "desmentidos absurdos"

Feijóo debe concentrarse en construír o dique flotante de Ferrol en lugar de procurar "desmentidos absurdos"

Feijóo debe concentrarse en construír o dique flotante de Ferrol en lugar de procurar "desmentidos absurdos"

A parlamentaria socialista Beatriz Sestayo esixiulle hoxe ao presidente da Xunta e ao alcalde de Ferrol que “concentren as súas enerxías en acadar o financiamento para construír o dique flotante de Ferrol” en lugar de “procurar desmentidos absurdos do presidente da Sepi”. Así o dixo logo da polémica suscitada pola xuntanza mantida onte por Sestayo e a deputada no Congreso Paloma Rodríguez co responsable do ente.

Sestayo ratificouse en que o presidente do organismo, Ramón Aguirre, explicou onte que o único que impide a infraestrutura é a falla de orzamento por parte do presidente Rajoy e a conselleira de Fomento, Ana Pastor. A parlamentaria ferrolá desafiou ao alto cargo “e a calquera outro do PP” a que “digan a hora, o día e o lugar no que queiran que comparezamos diante dos medios e da cidadanía para ver quén di a verdade”.

A responsable socialista esixiulle a Feijóo “que se deixe de falar de Bárcenas e dos sobres do seu partido para coller ao presidente do goberno, que é galego, e a ministra de Fomento, que tamén é galega, e pinten –en palabras do propio Aguirre- nos orzamentos o dique flotante para que a cidade e a comarca se recuperen” aínda que Rajoy “se teña confesado moi canso”, en alusión á súa comparecencia pública de onte en Bruxelas.

Lamentou que logo da xuntanza co responsable da Sepi “os teléfonos da Xunta soaron para pedirlle un desmentido en lugar de para procurar o dique comprometido persoalmente polo presidente da Xunta”.

Charla de cafetería

Tanto a deputada ferrolá como Paloma Rodríguez anunciaron unha serie de iniciativas no Parlamento de Galicia e no Congreso dos deputados para que o goberno dea conta da súa falla de financiamento a esta infraestrutura. reclamarán que expliquen “por qué acusan a Bruxelas de impedir o dique cando a realidade é que non existe constancia de ningunha pregunta nin resposta dos órganos comunitarios” e ironizou sobre si “a resposta foi obtida nunha charla de cafetería”.

Sestayo esixiulle a Feijóo que aprobe as emendas socialistas aos orzamentos da Xunta para destinar financiamento ao dique flotante. Lembrou que o propio presidente da Sepi confirmou onte unha actitude positiva cara calquera orzamento adicional para esta infraestrutura vital para Ferrol, si ben confirmou que “carece de capacidade para obrigarlle a Feijóo a investir nada nin a aprobar emendas”.

A parlamentaria socialista acusou ao presidente da Xunta e ao alcalde da localidade, José Manuel Rey, de ser “cómplices do exterminio de Ferrol” ao renunciar a esta obra, e reclamoulles que “se deixen de escusas baratas para eludir o seu compromiso co dique flotante”. Lembrou que “cada día hai 80 despedidos no naval de Ferrol”, que xa suman 4.500 no último ano, e que se trata de “xente que non pode agardar a que apareza algo”.

Pemex

Sestayo explicou que na xuntanza de onte o presidente da Sepi anunciou unha visita inminente a México dunha delegación deste organismo e Navantia para “ultimar detalles” sobre a suposta construción dos floteis. Sinala que esta resposta “confirma que a Xunta mentiu cando anunciou os contratos con Pemex” aínda que, dixo, “ogallá saia ben e finalmente veña carga de traballo”.

Sestayo acusou a Feijóo e ao PP de “vivir da mentira”, xa que “o que temos con Pémex son negociacións, non contratos”, e lembrou que mentres “confirmaba que íamos estar cortando chapa en outubro, estamos en febreiro e acaban de anunciar unha delegación para ultimar flecos, non me estraña que adiantara as eleccións galegas”, concluíu.

As parlamentarias socialistas reclamáronlle ao presidente da Sepi unha copia dos contratos “ou cando menos a parte que Feijóo ou o alcalde de Ferrol aseguran ter visto”, ao que respondeulles, explicou Sestayo, que “el mesmo só viu a cláusula de confidencialidade”, xa que só existe un documento sen copia depositado en Navantia, polo que “ei el non o viu ninguén puido velo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar