Feijóo debe comparecer no Parlamento para dar conta da súa contribución á desaparición de NGB

Feijóo debe comparecer no Parlamento para dar conta da súa contribución á desaparición de NGB

Feijóo debe comparecer no Parlamento para dar conta da súa contribución á desaparición de NGB

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, instou de novo hoxe a Feijóo a comparecer no Pleno do Parlamento para dar conta do seu papel na fusión fracasada das caixas galegas, así como das repercusións deste proceso na delicada situación actual da entidade. Acusouno de defender aos inversores de NGB pero “esquecerse dos aforradores estafados polas preferentes”.

Así o dixo logo da decisión da Comisión Europea, que da conta do proceso de reestruturación bancaria para as entidades nacionalizadas, abocando a unha drástica redución e ao seu peche ou venda en cinco anos. Losada advertiu que a folla de ruta marcada polo goberno de Rajoy terá un “enorme custe laboral, social e económico para Galicia”.

Dixo que a decisión de hoxe deixa á entidade nunha posición “extremadamente dificultosa”, cunha redución importante de tamaño e limitacións tanto na orientación de créditos e depósitos como nas oficinas e emprego, o que suporá na práctica a “exclusión financeira de numerosos concellos e a práctica desaparición da obra social”.

O responsable socialista dixo botar de menos as explicacións de Feijóo e que “dea a cara, que responda no Parlamento do papel da Xunta en todo este proceso, que comezou cunha auditoría -encargada por el a KPMG co diñeiro de tódolos galegos- amparando o proceso”.

Lembrou que mentres as contas da Xunta estimaban un investimento de 1.000 millóns de euros para dar beneficios en un ano, fronte ao que hoxe “temos unha necesidade de financiamento que supón a nacionalización na práctica do banco por entre 8.500 e 9.000 millóns de euros”. Ademais, este proceso terá “repercusións graves na Comunidade Autónoma coa exclusión fiscal de concellos e a práctica desaparición da obra social”.

Preferentes

O responsable socialista explicou que o Goberno central, ao aprobar o Memorándum de Entendemento que determina o futuro das entidades intervidas, “certifica o expolio aos pequenos aforradores estafados na emisión de preferentes e débeda subordinada”.

Lamentou que “lamentablemente Feijóo abandona coma sempre ao eslabón mais débil da cadea, e mentres defende os intereses dos inversores en NGB esquécese de defender ante o goberno de España e diante do FROB aos estafados polas preferentes”.

Sinalou que a decisión tomada hoxe pola Comisión Europea, gobernada maioritariamente por partidos da dereita, responde a este Memorándum aprobado á súa vez polo goberno de España, con Mariano Rajoy e o PP á cabeza, polo FROB e o Banco de España. Hoxe deuse, explicou, “carta de natureza” á estratexia de recapitalización das institucións financeiras, na que “como sempre a dereita claramente beneficia aos menos e prexudica aos mais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar