Feijóo debe comparecer no debate proposto por TVE para o próximo luns

Feijóo debe comparecer no debate proposto por TVE para o próximo luns

Os socialistas galegos reclámanlle a Feijóo que asista ao debate do próximo luns diante de toda España nas cámaras de TVE. Confirman que o candidato socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acudirá a un debate que Feijóo quere esquivar “para impedir que toda España vexa as súas debilidades, a realidade de que non ten nada que ofrecerlle a Galicia” como evidenciou no debate da TVG do pasado luns.

Acusan a Feijóo de protexer a súa imaxe e agochar a verdadeira faciana porque está “únicamente preocupado pola súa carreira nacional”. Lamentan que eluda comparecer en todos e cada un dos debates que se están a propoñer agás o da TVG, onde sabía que xogaba “na casa, co árbitro do seu lado e as cartas marcadas dunha forma lamentable e evidente”.

Por iso Feijóo só asiste a debates controlados e “fuxe de aqueles nos que ese control non existe e teñen proxección pública en toda España, como o que terá lugar mañá nun medio radiofónico”.

O PSdeG-PSOE lembra que o debate electoral “plural, aberto e produtivo” debe ser unha obriga de tódolos representantes políticos, polo que cambiaremos a Lei Electoral para que as campañas electorais inclúan esta cita diante das cámaras de forma ineludible. Estes debates serían organizados polas asociacións da prensa galegas, con profesionais “independentes, que non estean sometidos a presións políticas” e con sinal aberto para toda a prensa.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar