Galicia debe aproveitar os 62 millóns adicionais polo límite de gasto para políticas sociais

Galicia debe aproveitar os 62 millóns adicionais polo límite de gasto para políticas sociais

Galicia debe aproveitar os 62 millóns adicionais polo límite de gasto para políticas sociais

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou hoxe unha proposición de Lei para modificar os Orzamentos da Xunta para 2017 e cubrir o límite de déficit autorizado no Consello de Política Fiscal e Financeira. Esta decisión permitiría acceder a 62 millóns de euros adicionais a “xuro cero” para atender a necesidades urxentes das políticas sociais de Galicia.

Desafiou a Feijóo a “decidir se é máis montorista que Montoro ou atender ás necesidades urxentes de Galicia” aproveitando esta contía adicional para reformar a Risga, que adoece de “cobertura baixa e lista de espera alta” en Galicia. Tamén propón destinar o orzamento adicional a reforzar a atención aos dependentes, nunha medida que servirá a modo de “chamada de atención” a Rajoy, que estaría obrigado a “poñer outro tanto”.

O responsable socialista explicou que a proposta socialista inclúe un millón de euros para o cumprimento dun acordo do Parlamento de 2008 que “nunca se fixo” e apoiar a familias e institucións sen fins de lucro para garantir a vida independente de discapacitados mozos.

Ademais, solicita outros 2,8 millóns de euros para ampliar as prestacións familiares para coidado de fillos para as familias con máis dificultades. Os socialistas propoñen duplicar os fondos desta partida para conceder estas axudas a familias con rapaces ata 6 anos –actualmente rematan aos 3 anos- co obxectivo de aumentala gradualmente ata que os menores cumpran os 16 anos.

Fernández Leiceaga lembrou que esta modificación permitiría acceder “a xuro cero” a 62 millóns adicionais correspondentes de utilizar unha décima adicional de límite de gasto autorizada polo CPFF á que Feijóo ten renunciado.

Esta contía permitiría resolver a situación destes servizos sociais cuns recursos que poderían ser devoltos sen problemas a razón de 6 millóns de euros anuais grazas á previsión de crecemento económico de entre o 3,5 e o 4 por cento co que traballa o goberno galego.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar