Feijóo debe aproveitar as súas viaxes a Madrid para reivindicar vantaxes para o sector eólico galego

Feijóo debe aproveitar as súas viaxes a Madrid para reivindicar vantaxes para o sector eólico galego

Feijóo debe aproveitar as súas viaxes a Madrid para reivindicar vantaxes para o sector eólico galego

eolicoO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao presidente da Xunta de ter fracasado no concurso eólico de 2010 e esixiulle que “aproveite as súas viaxes ao Hotel Ritz de Madrid para visitar o Ministerio de Industria e reivindicar vantaxes para a industria eólica galega”. Así o dixo no debate dunha moción para modificar a normativa do eléctrico e impulsar ás enerxías renovables galegas, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que faga valer as vantaxes competitivas do tecido eólico galego, derivadas da produción de enerxía in situ, e acusouno de “faltar á verdade e mentir agochando outros intereses”. Losada criticou o fracaso do concurso eólico iniciado polo goberno de Feijóo logo de ter anulado o concurso posto en marcha polo goberno presidido por Touriño.

Advertiu do silencio tendido polo goberno de Feijóo sobre o dito concurso eólico para evitar recoñecer a falla de novos parques eólicos, sen calendario industrial previsto e sen ter posto en marcha os investimentos industriais vencellados.

Lamentou a renuncia do goberno galego a desenvolver unha planificación enerxética que permita que os recursos propios de Galicia “teñan un lugar” e beneficiar á industria das enerxías renovables.

Iniciativa

Os socialistas reclamaron a modificación da normativa do sector eléctrico en vigor para garantir a sostibilidade financeira, técnica e social do sistema reforzando o papel das enerxías renovables na produción de electricidade acorde coa estratexia 20-20-20 da UE, que o goberno teña en conta as condicións galegas de alta demanda e elevada produción eólica á hora de facilitar o desenvolvemento das enerxías renovables.

Ademais, dirixiuse á Xunta para reclamar unha liña específica de axudas financeiras para as novas instalacións de renovables, así como unha liña específica de axudas ao emprego para os sectores económicos afectados pola reforma eléctrica do Goberno.

Tamén reclamou o cumprimento das propostas de resolución aprobadas no Debate do Estado de Autonomía para que a Xunta remita un informe semestral ao Parlamento sobre o grao de cumprimento dos plans de industrialización derivados do concurso de adxudicación de parques de xeración eólica. Finalmente, esixiu a entrega da información sobre o desenvolvemento do Plan Rexurde Eólico 2010 agochada pola Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar