Feijóo debe aplicar o seu código ético co PP do Concello de Santiago

Feijóo debe aplicar o seu código ético co PP do Concello de Santiago

Feijóo debe aplicar o seu código ético co PP do Concello de Santiago

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, esixiulle a Feijóo que aplique o seu publicitado “código ético” no grupo municipal do PP no Concello de Santiago. Presentou unha pregunta na Comisión Institucional do Parlamento na que lembra que o presidente da Xunta se comprometera a apartar da vida política aos membros do PP sospeitosos de corrupción.

Sestayo lembrou que mais alá de meras “sospeitas” de corrupción, o grupo municipal do PP na capital de Galicia atópase imputado en diferentes operacións xudiciais practicamente na súa totalidade. Por este motivo, preguntoulle á Xunta si ten previsto solicitar a disolución da Corporación Municipal atendendo aos compromisos electorais do presidente ou si polo contrario vaise manter “pasiva”.

A parlamentaria socialista preguntou “en qué consiste o compromiso de Feijóo co modelo ético que levou nunha campaña electoral” logo de que desboten “facer nada” diante da situación deste concello. Preguntou ademais “en qué casos actúa o suposto código ético de Feijóo e qué entenden por apartar, toda vez que Feijóo se comprometera a apartar a calquera membro do PP sobre o que existira a mais mínima sospeita”.

Puntualizou que o caso da capital de Galicia “non é o caso illado dunha persoa”, xa que a partir dun alcalde “poliimputado” como Conde Roa, que abandonou o cargo aos nove meses da toma de posesión por unha fraude fiscal de 291.000 euros e posteriormente imputado por un suposto caso de acoso a un funcionario municipal.

Imputacións

A este sucedeu un novo alcalde que actualmente se atopa imputado pola Operación Pokémon e por un suposto delito de acoso a un funcionario policial. Ademais, lembrou, o número 3 da lista tivo que dimitir como concelleiro ao ser atopado pola policía durmindo ebrio nun semáforo, logo do cal foi nomeado xefe de gabinete de Conde Roa e actualmente está imputado pola Operación Pokémon.

Continuou o relato de imputados co actual xefe de gabinete, imputado polo caso Pokémon, o número 8 das listas, ex concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá, imputado por un presunto delito de acoso e imputado na Operación Manga, actualmente en liberdade baixo fianza.

A número 14, que entrou logo da dimisión de Conde Roa, ex concelleira de Educación e actualmente de Mocidade, imputada na Pokémon, e a directora da área de Seguridade tamén imputada por un suposto delito de acoso a un funcionario. Salientou finalmente o “grave conflito entre a imaxe externa” que ofrece o líder do PP e os “graves conflitos internos do grupo do PP” neste Concello.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar