Feijóo debe aclarar se respalda as prácticas do PP en Coristanco

Feijóo debe aclarar se respalda as prácticas do PP en Coristanco

Feijóo debe aclarar se respalda as prácticas do PP en Coristanco

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, reclama que Feijóo dea a cara e “explique publicamente se respalda as prácticas do seu partido en Coristanco”, onde unha concelleira vén de denunciar un intento de suborno por parte do PP para apoiar unha moción de censura que lle devolva a alcaldía.

 

Cancela afirma que os socialistas queren coñecer “se ese é o modus operandi do PP en toda Galicia” e se ese tipo de prácticas foron as habituais nas mocións de censura levadas a cabo ata o de agora polo PP en Galicia, ou se “hai máis ofertas deste tipo que teñen pensado realizar para obter o poder a calquera prezo”. A socialista cualifica estas accións como “un gravísimo ataque á democracia” que “merece unha explicación inmediata”, e máis desde un partido no que “a corrupción xa non deixa nin o máis mínimo espazo de credibilidade”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar