Feijóo debe aclarar se renuncia á Axencia do Medicamento para Galicia

Feijóo debe aclarar se renuncia á Axencia do Medicamento para Galicia

Feijóo debe aclarar se renuncia á Axencia do Medicamento para Galicia

O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, vén de rexistrar varias preguntas sobre a intención de Rajoy de levar a Axencia Europea do Medicamento a Cataluña no caso de que a sede do organismo europeo, agora en Londres, recale en España tras o Brexit. A Xunta confirmou no seu día a candidatura de Galicia para acoller este organismo, e Torrado pídelle a Feijóo que aclare se agora está disposto a “asumir de novo unha renuncia” e “volverá a calar sumisamente” ante os intereses de Rajoy.

 

“Queremos saber se a intención do goberno galego se mantén ou se foi só postureo para quedar ben e despois renunciar”, di o socialista, que lle esixe á Xunta que inste ao goberno de España a “aclarar os criterios” para que Cataluña, e non Galicia, acolla este organismo, e se son criterios “sanitarios ou políticos”. Así, cuestionan se “esa pretensión que predican da igualdade entre as comunidades e a unidade de España pasa tamén por ceder ante Cataluña como ferramenta de negociación partidista”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar