Feijóo debe abandonar as escusas e convocar "xa" a OPE de educación

Feijóo debe abandonar as escusas e convocar "xa" a OPE de educación

Feijóo debe abandonar as escusas e convocar “xa” a OPE de educación

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, instou hoxe a Feijóo a que “abandone as escusas de mal pagador” e convoque “xa” a Oferta Pública de Emprego de educación para cubrir a taxa de reposición do cen por cen. Acusou ao goberno galego de “marear a perdiz con chantaxes de escaso percorrido” ao vincular a convocatoria aos orzamentos.

O responsable socialista dixo que o goberno galego “pode e debe convocar agora mesmo” as prazas “antes de que remate o tempo para poder chegar ao comezo do próximo curso”. Tildou de “patraña” o argumento dunha “presunta inseguridade xurídica” que “en realidade non existe, agás como subterfuxio, xa que a día de hoxe segue vixente a Lei de Orzamentos de 2016 que fixa a taxa de reposición do cen por cen”.

Luis Álvarez lembrou que “Galicia ten a mesma seguridade xurídica que teñen no País Vasco e Cantabria, onde si fixeron a convocatoria” e advertiu que o goberno galego “ten todo preparado para convocar hoxe mesmo unhas prazas que dependen da súa única vontade política”. Instou ao conselleiro de Educación e ao presidente da Xunta a “deixarse de vender fume para agochar a paralización unilateral, arbitraria e política da convocatoria”.

Transporte

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez Martínez, reclamoulle hoxe á Xunta que garanta a seguridade no transporte escolar, logo da última campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico. O responsable socialista pediulle ao goberno dende o Parlamento “medidas contundentes” en forma de sanción para as empresas que incumpran os requisitos de seguridade.

Álvarez presentou unha pregunta oral na que se fixo eco da última campaña de Tráfico, que en apenas cinco días inspeccionou 299 autobuses escolares. As conclusións apuntan a 89 vehículos denunciados por detectar 129 infraccións, que derivaron en 73 denuncias por carecer de autorización de transporte escolar, mentres que a segunda infracción máis detectada estaba relacionada con deficiencias na apertura e peche das portas.

Sinala que o 29,76 por cento dos vehículos controlados resultaron finalmente sancionados, o que “xerou alarma e preocupación na comunidade escolar”, especialmente no que ten que ver cos sistemas de seguridade dos vehículos nos que viaxan 94.240 menores tódolos días só en Galicia.

O parlamentario socialista reclamoulle ao goberno galego que garanta que os vehículos empregados para as viaxes escolares teñan “tódolos sistemas en perfecto funcionamento”. Ademais, engadiu, “sen cuestionar a seguridade do transporte escolar nin a profesionalidade dos conductores”, o incumprimento das condicións do servizo por parte das empresas “supoñen faltas graves e moi graves” e a súa “evidente sanción”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar