Feijóo, de ouvinte no veto ao traspaso da AP-9

Feijóo, de ouvinte no veto ao traspaso da AP-9

Feijóo, de ouvinte no veto ao traspaso da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que o presidente da Xunta teña confirmado hoxe que “asiste como mero ouvinte á negativa do PP e do goberno ao traspaso da AP-9 a Galicia”. O responsable socialista censura a “dócil compracencia” demostrada por Feijóo, que “resulta prexudicial para os intereses dos galegos e das galegas”.

Logo de coñecerse hoxe o novo veto da Mesa do Parlamento á proposta unánime da Cámara autonómica, o responsable socialista advirte que o presidente da Xunta “demóstrase cada día menos útil para Galicia”. Apuntou que “os galegos e galegas pregúntanse cada día para que serve un presidente que se pon de perfil nestas cuestións de país”.

Fernández Leiceaga engadiu, logo de coñecer que a Feijóo “non lle sorprende” esta noticia, que “se iso é así será que xa coñecía da decisión do seu partido, e se iso é así, por que non llelo explicou aos galegos e galegas dende o Parlamento por exemplo cando decidiu apoiar a proposición de Lei impulsada polos socialistas galegos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar