Feijóo da "a calada por resposta" negándose a explicar no Parlamento o financiamento irregular do seu partido

Feijóo da "a calada por resposta" negándose a explicar no Parlamento o financiamento irregular do seu partido

Feijóo da "a calada por resposta" negándose a explicar no Parlamento o financiamento irregular do seu partido

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao presidente da Xunta de dar “a calada por resposta” ao negarse a comparecer no Pleno para dar conta do financiamento irregular do PPdeG baixo a súa dirección, ata 2006. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana para o que os socialistas solicitaban a comparecencia de Feijóo.

 

O responsable socialista lamentou que o presidente da Xunta pasara de apostar por “botar aos indecentes” cando o financiamento irregular afectaba ao ano 1996 a “tender unha estratexia de ocultación, néboa e escuridade” cando as evidencias apuntan á súa xestión cando en 2006 xa era presidente do partido.

 

Losada dixo que esta situación resulta “grave en termos de calidade democrática” e ademais provoca “repercusións económicas e de intereses moi importantes”. Ademais, lembrou que a solicitude de información que a Xunta xa venceu o prazo para responder á solicitude de información dos socialistas galegos sobre as adxudicacións da Xunta a empresas que entregaron fondos irregulares ao PP.

 

Os socialistas si que incorporarán unha moción sobre as relacións económicas do goberno galegos coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado. O portavoz do Grupo Socialista apuntou que “non estraña que un partido capaz de borrar un ordenador –do seu tesoureiro Bárcenas- cómo non vai borrar os contratos con Marcial Dorado”.

 

Educación

 

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, preguntaralle a Feijóo no próximo Pleno pola situación do ensino público en Galicia, logo das ofensivas perpetradas polo PP para limitar os dereitos dos galegos en materia de educación. Lembrou que o PP eliminou a gratuidade dos libros de texto, así como dos comedores escolares e do transporte para “quitarlle ao ensino o seu papel como elemento igualador de oportunidades da sociedade”.

 

Neste Pleno tamén haberá unha proposición non de Lei sobre a redución drástica das bolsas universitarias, e lembrou que a “política cicatera e miserable” de recortes de Feijóo provocou que en dous anos consecutivos as universidades de Santiago e Vigo desapareceran do ránking mundial das 500 universidades mais importantes.

 

Os socialistas presentarán ademais un proxecto de Lei para a visibilidade e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais e unha moción sobre a construción do Hospital Privado de Vigo con cargo a fondos públicos que suporá “o empeoramento obxectivo da calidade da asistencia sanitaria”.

 

Economía e emprego

 

En materia de economía e emprego, os socialistas presentarán unha interpelación sobre a situación do sector naval, que Losada presentou como “o paradigma do fracaso da política económica e industrial de Feijóo”, tanto pola destrución de emprego como polos enganos dos contratos de Pemex para construír floteis e a incapacidade para solucionar o tax lease.

 

Os socialistas presentarán tamén unha pregunta oral sobre a venda acelerada de NGB, que “evidencia o fracaso de Feijóo” por canto “calquera solución suporá levar a toma de decisións fora de Galicia”.

 

Tamén terá lugar unha comparecencia da conselleira de Medio Rural para dar conta da campaña de lumes deste verán que, dixo, son consecuencia dos recortes de mais do 20 por cento nas políticas de prevención e extinción de incendios aplicados por Feijóo. O resultado, explicou, son áreas de alto valor ecolóxico queimadas e os lumes ás portas das casas.

 

Finalmente, o Pleno debaterá unha proposición non de Lei do Grupo socialista sobre o afán recadatorio do goberno sobre as pensións dos emigrantes galegos retornados de Suíza. Losada reclamou “solucións razoables para non castigar sempre aos mesmos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar