Feijóo cuadruplicou a débeda pública de Galicia e reduciu un 20 por cento o gasto social

Feijóo cuadruplicou a débeda pública de Galicia e reduciu un 20 por cento o gasto social

Feijóo cuadruplicou a débeda pública de Galicia e reduciu un 20 por cento o gasto social

Méndez Romeu pregunta “para qué serviu o enorme axuste” coa escusa do déficit, agora obxectivo secundario para o goberno central, que deixa en evidencia a Feijóo.

Ademais, esíxelle ao presidente da Xunta que explique o préstamo oculto de 2 millóns de euros a Barreras días antes da súa venda a Pemex.

Reclama que explique a situación do seu “socio e axente” político, José Luis Baltar, condenado a 9 anos de inhabilitación por prevaricación.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe que o presidente ten cuadruplicado a débeda de Galicia dende a súa chegada en 2009 como mecanismo para reducir o déficit. O responsable socialista puxo en dúbida a imaxe de xestor solvente do presidente da Xunta na rolda de prensa con motivo da Xunta de Portavoces.

O Parlamento convocou para a próxima semana un Pleno extraordinario para fixar o teito de gasto para Galicia co anunciado voto en contra dos socialistas galegos, tal e como explicou o seu portavoz. Méndez Romeu dixo que “votaremos por enésima vez que non á redución orzamentaria, á redución do gasto social e á supresión de investimentos públicos pola Xunta de Galicia”.

O responsable socialista esixiulle ao presidente da Xunta que pare cos recortes e comece a tomar medidas dende o goberno para resolver a situación de paro, desigualdade social e risco de pobreza que atenaza a milleiros de galegos e galegas. Reiterou ademais a petición dunha Comisión de Estudo sobre os criterios de financiamento logo de que o goberno anunciara o atraso do novo modelo ata despois das eleccións municipais.

Censurou ademais que todo o sacrificio imposto pola Xunta de Galicia utilizando o incremento da débeda para reducir déficit e o recorte drástico do gasto social resultou inútil logo de que o goberno central confirmara no Consello de Política Fiscal e Financeira de onte o adiamento dos tempos de pago para as autonomías con maior déficit.

Preguntou “para qué ten servido o enorme axuste” agora que as comunidades autónomas que incumpriron cos compromisos de déficit terán mais facilidades de pagamento no futuro, e criticou que agora o déficit teña pasado a ser “obxectivo secundario” para o goberno central.

Ademais, cuestionou a fiabilidade do goberno galego logo de que a conselleira de Facenda saíra onde do CPFF anunciando que Galicia contaría con 150 millóns de euros adicionais polo adiamento das devolucións positivas dos orzamentos. Dito dato, apuntou, foi corrixido “de inmediato” polo Ministerio de Facenda “nada menos que nun 20 por cento”.

Venda de Barreras

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que dea conta da suposta operación oculta do goberno galego para facilitar a venda do estaleiro Barreras á petroleira mexicana Pemex a costa de diñeiro público. Segundo publica hoxe Economía Dixital, sinalou, o goberno galego concedeulle un préstamo de 2 millóns de euros ao antigo estaleiro vigués a través de Sodiga días antes da súa compra por 5 millóns pola entidade mexicana.

Ademais, reclamoulle que explique os efectos da segregación de Endesa sobre a posible venda das actividades da empresa en Galicia. Sinalou o significativo contraste do silencio do PP coa súa oposición belixerante contra a venda de Endesa a Enel cando estaban na oposición.

Baltar

Finalmente, reclamoulle ao presidente da Xunta que dea conta da situación “do que ten sido o seu socio e axente” político en Ourense, José Luis Baltar, condenado a 9 anos de inhabilitación por prevaricación logo da contratación dun cento de persoas a través da Deputación de Ourense para garantir a vitoria do seu fillo –actualmente presidente da Deputación- no congreso do partido.

Méndez Romeu dixo que “algo terá que dicir dunha persoa tan relevante, que tanto significa para o PP e tan necesaria é condenada por fraude sistemático en forma de contratacións irregulares utilizadas como clientelismo político”.

Lembrou que o propio Feijóo despediuse do ex presidente da Deputación diante de 3.000 persoas “cualificándoo de pedra fundamental na construción do galeguismo e imprescindible para o seu acceso á presidencia da Xunta”. Mentres, o actual presidente do goberno central, Mariano Rajoy, aseguraba literalmente que “Baltar é o PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar