Feijóo condena a Galicia a liderar a destrución de emprego en España

Feijóo condena a Galicia a liderar a destrución de emprego en España

Feijóo condena a Galicia a liderar a destrución de emprego en España

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu que Feijóo “condena a Galicia a liderar a destrución de emprego en España” ao aplicar exclusivamente medidas de austeridade e buscar a solvencia sen medidas dirixidas á recuperación económica e a creación de emprego. Losada tamén criticou a reforma da Lei de Educación presentada polo ministro Wert que, dixo, "resucita o neofranquismo" ao vincular ideoloxía e negocio.

O responsable socialista salientou que a Xunta “persevera no erro” e os últimos datos de desemprego, co récord de 276.536 persoas desempregadas, evidencian o fracaso das políticas de Feijóo. Sinalou que Galicia conta co 12 por cento do incremento do paro en todo o Estado mentres conta con tan só o 6 por cento da poboación, co que o ritmo de crecemento do desemprego “duplica a media do conxunto de España”.

Losada advertiu que as políticas de Feijóo sitúan a Galicia “nunha situación cada vez mais difícil a nivel social e económico” o que implica á súa vez dificultades pola caída de recadación fiscal e de cara ao déficit “o que á súa vez significa mais recortes”. Esta “espiral descendente”, engadiu, “condena aos cidadáns a unhas condicións de vida peores en termos individuais e colectivamente a unha sociedade mais desestruturada e dual”.

O portavoz do Grupo socialista apunta que Galicia sumou 9.000 novos parados nun so mes sen ter en conta a utilización da clave S-698 e polo tanto a posible maquillaxe estatística para reducir de xeito artificial o número de desempregados. Salientou que tamén volve a reducirse o número de afiliados á Seguridade Social ata o número mais baixo coñecido, baixando ata as 935.441 persoas.

Lei de Educación

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, cualificou hoxe a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa de “eufemismo que resucita o neofranquismo”. Criticou que o texto do ministro Wert “vincula ideoloxía e negocio dentro do proceso de reespañolizar o conxunto do Estado”.

O responsable socialista explicou que a nova norma da un paso mais dentro da estratexia do PP de “cuestionar ás comunidades autónomas” mentres “abre un proceso privatizador para permitir que os grupos vencellados á igrexa católica adquiran unha mellor posición relativa”.

Criticou que “para a dereita é difícil ver ónde remata a ideoloxía e empeza o negocio”, pero sinalou que “dende logo –esta nova Lei- mostra que non cren na igualdade e na educación pública como elemento fundamental de mellora de oportunidades para tódolos cidadáns independentemente da súa orixe social e económica, e polo tanto na construción dunha sociedade mais igualitaria dentro da situación actual”.

Apuntou que, grazas a esta nova norma, “aos colexios que segregan por sexos en Cataluña non lles resultará complicado ofrecer ensino exclusivamente en castelán e estarán frotándose as mans diante das novas oportunidades de negocio que se lles abren”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar