Feijóo condena a 120 rapazas cada ano obrigándoas a abortar acompañadas dos pais

Feijóo condena a 120 rapazas cada ano obrigándoas a abortar acompañadas dos pais

Feijóo condena a 120 rapazas cada ano obrigándoas a abortar acompañadas dos pais

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “condenar e sacrificar a 120 mulleres novas cada ano” en Galicia ás que obriga a “depender do criterio patriarcal para interromper o embarazo”. O responsable socialista empregou a sesión de control ao goberno para criticar o apoio de Feijóo á modificación da Lei do Aborto.

Méndez Romeu lembrou que coa Lei aprobada polo goberno socialista o 90 por cento das mulleres de 16 e 17 anos que interrompen “acoden acompañadas dos seus pais ou titores”. Lembrou que a Lei obrigaba a informar aos pais agás supostos taxados aos que se acollían o 10 por cento restante, en torno a 120 rapazas cada ano en Galicia, ás que o PP “as quere facer vítimas para satisfacer á facción mais cavernaria da sociedade”.

Moitas destas rapazas, sinalou, “inevitablemente abortarán na clandestinidade, sen protección xurídica, sen asistencia cualificada e con risco da súa vida”. Responsabilizou a Feijóo, que “prefire que poidan ser explotadas cada ano en condicións intolerables de clandestinidade e con risco vital antes que defender unha norma que levaba anos funcionando con plena satisfacción”.

Serán, dixo, “as vítimas estatísticas da covardía política do PP” e de Feijóo, que rompeu o seu compromiso co consenso para modificar a Lei. Lembroulle que forma parte da dirección do PP a nivel nacional e que “está na toma de decisións que vai levar a estas mulleres á marxinación” por ofrecer “literalmente un tributo de sangue como no medievo” a “esa caverna á que vostedes representan”.

Advertiu que os abortos clandestinos ás que quedan condenadas “son responsabilidade de vostedes, que prefiren ter vítimas antes que afrontar e convencer á facción ultramontana da que vostedes dependen”. O PP, dixo, sacrifica as vidas e o futuro de moitas mulleres novas “porque asumiron uns compromisos unilaterais que non están respaldados nin polas mulleres deste país nin polas persoas novas e vai contra a tendencia en Europa”.

Desamparo

Méndez Romeu criticou que o PP deixará desamparadas a estas mulleres, para as que “os servizos públicos van ser inexistentes” e ás que lles recortan as liberdades cando aos 16 e 17 anos poden contraer matrimonio e autorizar amputacións, tratamentos de quimioterapia ou unha operación de ligadura de trompas “pero non poden interromper o seu embarazo”.

A estas idades, explicou, as mulleres “poden traballar durante 10 horas diarias, teñen responsabilidade penal, poden testar ou conducir ciclomotores, pero non poden decidir sobre a súa maternidade”.

O dez por cento destas mulleres novas, explicou, dependen dos seus pais a pesares das circunstancias ideolóxicas, morais, relixiosas, penais, do desentendemento do problema por parte destes ou por unha mera cuestión de seguridade.

Son rapazas que non poden contar co apoio dos pais porque se enfrontan a episodios de previsible violencia, pertencen a familias con problemas de desamparo familiar, desestruturadas, teñen aos proxenitores en prisión, existen riscos de malos tratos, hai enfermidades invalidantes ou ben son abertamente contrarios ou directamente renuncian a acompañar ás fillas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar