Feijóo compórtase como un mal estudante fronte aos incendios

Feijóo compórtase como un mal estudante fronte aos incendios

Feijóo compórtase como un mal estudante fronte aos incendios

A portavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao presidente da Xunta de comportarse “como un mal estudante” por negarse a comparecer no Parlamento, asumir responsabilidades e tomar medidas fronte á vaga de lumes que arrasaron 9.000 hectáreas de monte en 11 días no mes de agosto. Así o dixo logo de que o PP rexeitara hoxe a comparecencia de Feijóo na Deputación Permanente do Parlamento.

A responsable socialista criticou que o PP rexeitara a solicitude de comparecencia argumentando que “en Portugal están peor”, e de que a conselleira de Medio Rural acusara á oposición de “facer política” cos lumes”. Esixiulles que “asuman que levan case 30 anos gobernando, que a maioría do monte é privado, que está abandonado e que é evidente que o sistema de prevención non funciona”.

Sinalou que “non vale dicir papá, mamá, el profesor me ten manía, hai que asumir responsabilidades e tomar medidas”, subliñou, para demandar que “comecen a facer unha política de prevención seria, e non unha política de manguerita de xardín, mocasíns e pantalóns chinos”, en alusión á foto de Feijóo na vaga de 2006.

Criticou a ausencia do presidente da Xunta cando ten que enfrontarse aos lumes dende o goberno, explicando graficamente que “cos lumes á porta da casa e chegando dende varios puntos os veciños preguntábanse ónde estaba o presidente Feijóo coa súa manguerita”.

Parches

Vilán lembrou as palabras da conselleira do Medio Rural, que anunciou unha serie de encontros cos alcaldes dos concellos afectados para tomar medidas que “sexan algo máis que parches”. A conselleira recoñeceu deste xeito, dixo, que “levan oito anos de goberno nos que só houbo parches e faltou un goberno que fixera política de verdade”.

Censurou a “pasividade” e ausencia da Xunta, que “di que a loita contra os incendios non é política e polo tanto non toma medidas de prevención nin aplica a alta tecnoloxía á detección de lumes”. Polo contrario, sinalou, “o único que hai é moitos traballadores e traballadoras dedicados a reo a extinguir os incendios, os cidadáns defendendo as súas casas e as súas vidas e pirómanos criminais asolando o territorio”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar