Feijóo debe comparecer no Parlamento para analizar a vaga de lumes

Feijóo debe comparecer no Parlamento para analizar a vaga de lumes

Feijóo debe comparecer no Parlamento para analizar a vaga de lumes

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediu hoxe unha comparecencia extraordinaria do presidente da Xunta no Pleno do Parlamento que se celebra mañá para dar conta da situación provocada polos lumes desta pasada fin de semana. Reivindicou que Feijóo dea conta ante a Cámara “igual que fixo hoxe diante dos medios de comunicación” despois do Consello Extraordinario.

O responsable socialista solicitou unha “diagnose de urxencia” sobre a situación actual prescindindo dunha “avaliación política” ata o momento en que se normalice a situación”. “É o tempo de apoiar –dixo- para que todos xuntos evitemos males maiores, logo chegará o momento de determinar as responsabilidades penais dos incendiarios e políticas do goberno galego”.

Emprazou así a un Pleno Extraordinario en canto a vaga de lumes sexa controlada para analizar as eivas dunha “política forestal que facilita a aparición de incendios, ou un Pladiga que limita a utilización máxima de recursos para controlar o lume e apagalo, ou aos servizos de emerxencia desbordados”.

Fernández Leiceaga advertiu do “certo desamparo” da cidadanía ante unha vaga de lumes de especial virulencia cunha Xunta de Galicia que “tiña tódolos medios en marcha, pero aínda así estaba desbordada, lastrada por unha reacción algo tardía”. Aplaudiu así a colaboración de tódalas administracións, tanto local como provincial e estatal e da cidadanía para traballar na extinción.

Pésame

O portavoz socialista trasladou a “máxima solidariedade dos socialistas galegos cos afectados, cos falecidos e as súas familias e tamén cos que perderon as propiedades e pasaron medo no día de onte, así como coas persoas que traballan nas labores de extinción”.

Fernández Leiceaga fixo un retrato da situación “dantesca” que viviu Galicia nas últimas horas, cunha vaga de lumes que “segaba varias vidas”, obrigaba a desaloxar as casas, destruía cultivos, hectáreas de arborado e propiedades e á que a cidadanía se vía obrigada a afrontar “armada de caldeiros ou botellas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar