Feijóo cambia emprego estable por precariedade laboral

Feijóo cambia emprego estable por precariedade laboral

Feijóo cambia emprego estable por precariedade laboral

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, advertiu que a substitución de emprego estable por precariedade laboral evidencia o “fracaso sen paliativos” da xestión política de Feijóo á fronte da Xunta. Así o dixo logo de coñecer os datos de paro feitos públicos hoxe, que malia un descenso do desemprego a taxa continúa nun “insoportable 22,29 por cento”.

A responsable socialista lembrou que a xestión de Feijóo resultou “especialmente daniña para os traballadores e traballadoras de Galicia”, pasando dende os 160.000 desempregados en 2009 aos mais de 284.000 de hoxe. Feijóo está a converter a xeración mellor preparada da historia de Galicia nunha “auténtica xeración perdida” á que só lle deixa como alternativa “o desemprego, a precariedade ou a emigración”.

Advertiu así que o goberno galego pretende agochar que o 93 por cento dos novos empregos rexistrados en Galicia son en realidade “empregos en precario ou temporais” que “impiden que os galegos e galegas acaden a estabilidade necesaria para desenvolver o seu proxecto vital”.

Explicou que “despedimos profesores e médicos e contratamos camareiros, despedimos profesionais cualificados con emprego estable no sector público para contratar profesionais sen cualificar no sector servizos”.

Denunciou que mentres Feijóo toma os datos de emprego parciais, un terzo dos novos empregos pertencen á hostalería e servizos sen cualificar, co que caen os salarios e sube a temporalidade mentres cada vez mais parados e paradas renuncian a inscribirse nas oficinas de emprego.

Quintas acusou ao goberno galego de evitar tomar decisións económicas de calado para abordar os problemas estruturais do mercado laboral galego, que se demostran pola resistencia a aumentar o nivel de emprego ou reducir o desemprego, en contra da evolución que se está a rexistrar no conxunto do Estado.

Galicia é hoxe a cuarta Comunidade Autónoma na que menos descende o paro do Estado e a cuarta na que menos aumentou a ocupación, un 0,88 por cento fronte ao 2,37 por cento de media do Estado. Galicia é ademais a cuarta Comunidade Autónoma na que mais descende a poboación activa do Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar