Feijóo cambia dereitos por caridade

Feijóo cambia dereitos por caridade

Feijóo cambia dereitos por caridade

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe a Feijóo

de “cambiar dereitos por caridade” para as familias galegas que “con vostedes on mais pobres, con mais precariedade e mais dificultades”. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade sobre o empeoramento das condicións de vida das familias galegas. Gallego advertiu que os últimos anuncios do goberno galego responden á caída electoral sufrida polo PP nas pasadas eleccións, pero “en lugar de rectificar e devolverlle os dereitos que retiraron manteñen o asistencialismo e a caridade”. As políticas de apoio ás familias resultaron “un fracaso” logo de que os fogares con tódolos seus membros en paro aumentaran un 112 por cento e hoxe haxa “mais pobres en Galicia” grazas a Feijóo. Censurou que a única reacción do PP sexa “medidas asistenciais”, como cualificou o cheque escolar, o anuncio de supresión do copago de medicinas a determinadas familias, ou a suposta política contra os desafiuzamentos. Todas elas, dixo, constitúen “medidas puntuais, de caridade e electorais” que en ningún caso restablecen os dereitos deturpados coa escusa da crise para “castigar ás vítimas”. Lamentou que Feijóo persista coa supresión do sistema de gratuidade universal dos libros de texto impoñendo un modelo un 30 por cento mais caro e que beneficia a un 40 por cento menos de rapaces e rapazas. Agora anuncia un “cheque escolar” que “anticipa unha medida que será posta en marcha en plena campaña electoral e que en ningún caso resolve a supresión de persoal educativo e recursos das escolas galegas nin da gratuidade universal dos libros de texto”. Un fiasco semellante á política de desafiuzamentos anunciada por Feijóo, que “ata a data impediu un máximo de 80 desafiuzamentos dos mais de 8.000 que se rexistraron en Galicia dende 2013”. Advertiu que “os únicos que paran o desafiuzamentos son os concellos, que toman en serio o problema mentres a Xunta anuncia 500 vivendas de emerxencia e só ocuparon 43”. Carmen Gallego salientou en definitiva o fracaso da axenda social do goberno galego logo de demostrar que a estratexia de inclusión e loita contra a pobreza constitúe “fume e propaganda”. O goberno galego “non mantivo ningunha xuntanza cos concellos nin aumentou o orzamento para poñer en marcha novas políticas”. O único resultado certo que acadou, dixo, é que “cada vez hai mais persoas en risco de pobreza e exclusión”, o que obriga a incrementar o orzamento da Renda de Integración Social de Galicia –Risga-. Esta sufre ademais cun retraso de entre 8 e 10 meses e só beneficia ao 30 por cento das persoas con dificultades, tres veces menos que outras comunidades autónomas do entorno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar