Feijóo búrlase da xente que traballa en precario

Feijóo búrlase da xente que traballa en precario

Feijóo búrlase da xente que traballa en precario

A presidenta da Xestora do PSdeG, Pilar Cancela, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “burlarse da xente que traballa en precario con máis temporalidade que nunca e sen moita esperanza de que a situación mellore”. Así o dixo na manifestación con motivo do 1º de maio que se celebrou hoxe en Santiago de Compostela e á que acudiu acompañada do portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga.

A responsable socialista sinalou que os datos da Enquisa de Poboación Activa coñecidos a semana pasada “non son esperanzadores” e confirman que “retrocedemos cada vez máis logo dunha reforma laboral nefasta”. Por iso considera “un insulto” que o presidente da Xunta “utilice determinadas expresións que degradan aínda máis e búrlanse da xente que traballa en precario con máis temporalidade que nunca e sen moita esperanza de que a situación mellore”.

Cancela sinalou ao dato “demoledor” sobre a “xente moza preparada e cualificada” obrigada a asumir empregos de baixa cualificación, o que, dixo, “con todo o respecto para estes traballo, significa que non se aproveita a formación e cualificación dunha xuventude tan preparada. Aludiu ademais á conmemoración, a pasada semana, da Semana Internacional da Seguridade e Saúde Laboral mentes os accidentes laborais aumentan cada ano.

EPA

A dirixente socialista estivo acompañada polo portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen aludiu directamente aos datos da EPA coñecidos a pasada semana e que constatan que “aínda nun contexto de creación de emprego o paro compórtase en Galicia dunha maneira peor que no contexto de España”.

Sinalou que mentres no último ano a creación de emprego roldou o 3 por cento no Estado, en Galicia foi a metade e o desemprego creceu en Galicia en 12.900 persoas, o 70 por cento do total das persoas desempregadas que se crearon en todo o Estado. Puntualizou que “temos a oportunidade de cambiar a política económica da Xunta para que o crecemento dea lugar a un emprego estable, de calidade e con bos salarios”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar