Feijóo, ausente diante dos temporais

Feijóo, ausente diante dos temporais

Feijóo, ausente diante dos temporais

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “estar de oínte” fronte aos danos ocasionados polos temporais dende o Nadal pasado. Criticou que o Consello da Xunta rematara “ofrecendo un simple relatorio de danos pero sen unha soa axuda ou actuación do goberno para paliar os destrozos”.

Soneira presentou unha batería de iniciativas para esixirlle á Xunta que aprobe de forma urxente un paquete de medidas para facer fronte a estes danos. En concreto reclama a reparación e restitución de equipamentos e servizos públicos afectados, axudas á pesca e marisqueo polos días de inactividade e os estragos nos bancos marisqueiros, e á agricultura e gandería polos danos nos cultivos e as infraestruturas.

A responsable socialista lembrou os estragos ocasionados polo mal tempo en concellos como Neda, Ponteceso ou Caldas de Reis, onde o goberno galego “non tivo nin tempo para avaliar os danos e tomar medidas para abordalos”. Lamentou que nin o presidente da Xunta, nin o vicepresidente Rueda nin ningún dos conselleiros de área tiveran tempo para visitar ningún concello afectado polos temoprais.

Criticou a pasividade do goberno galego fronte a “uns danos que se estenden aos asolagamentos de bens públicos ou as perdas para a pesca e marisqueo”, que viron “estragada a campaña de Nadal”. Aludiu tamén a “episodios graves aínda que non dramáticos” como o gaseiro que se achegou de novo perigosamente á Costa da Morte para recuperar unha áncora.

O denominador común de todas estas situacións, dixo, foi “un goberno que se demostrou ausente para solucionar os problemas reais dos cidadáns” e que contrasta coa actitude hiperactiva e en extremo vixilante do agora presidente da Xunta cando se atopaba na oposición.

Nomeamento ilegal

Marisol Soneira criticou que o presidente da Xunta estivera dende o Nadal “mais preocupado de resolver o nomeamento da directora xeral de Inclusión Social”, que leva dende outubro “incumprindo a Lei” ao non tomar posesión do seu cargo para non abandonar as súas actas como concelleira en Lugo ou como deputada provincial.

Contrastou o desinterese de Feijóo fronte aos problemas reais dos cidadáns e concellos afectados coa súa preocupación por “salvar aos soldados Ryan damnificados polos resultados das eleccións municipais”, en alusión ás supostas manobras para a recolocación dos alcaldes de Ames ou Pontecaldelas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar