Feijóo aproba a Lei de Área Metropolitana para gobernar Vigo dende fora

Feijóo aproba a Lei de Área Metropolitana para gobernar Vigo dende fora

Feijóo aproba a Lei de Área Metropolitana para gobernar Vigo dende fora

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, cualificou hoxe a Lei da Área Metropolitana de Vigo de “enxeñería política” dirixida a “gobernar Vigo dende fora”.  No debate final desta Lei, aprobada polo PP co voto en contra do PSdeG-PSOE, advertiu que Feijóo pretende “torcer a vontade popular” e acadar dende o novo organismo “o que non acadaron nas furnas”.

Losada cualificou a Lei de “oportunidade perdida” ao “antepoñer o control político e reforzar o papel da Deputación Provincial” en lugar de garantir a prestación de servizos aos cidadáns e o aforro dos servizos públicos.

Criticou que o PP discrimina á cidade limitando a representatividade e reducíndolle a autonomía obrigando a ceder competencias. Explicou que mentres Vigo aporta o 62 por cento da poboación e financia o 62 por cento dos gastos, tan só ten unha representación do 46 por cento na Asemblea e dun 7,1 por cento na Xunta de Goberno, co que Vigo “pasa de ser o 62 por cento a un só dos 14 concellos”.

Criticou así que o PP teña establecido a elección da presidencia da Área a través de maioría simple dos membros da Asemblea, discriminando á cidade ao garantir que non acade esta maioría malia contar coa maioría da poboación.

Advertiu que o PP tamén vai contra a cidade ao garantir que o Plan Cuatrienal, que rexe a actuación da Área, sexa tamén votado por maioría simple, de novo furtando autonomía ao concello de mais peso demográfico e económico. Sinala que os concellos perderán autonomía local xa que “afectan ás competencias dos concellos pero sen contar con eles” mentres a integración é obrigada “en contra da Lei de Bases de Réxime Local”.

O parlamentario socialista cualificou de “chiringuito” o novo ente que será financiado polos cidadáns dos concellos mentres á Xunta e Deputación “nin están nin se lles espera” xa que non aportan financiamento para o seu funcionamento corrente. Losada acusou ao PP de cruzar tódalas liñas vermellas con esta Lei, que provocará unha “duplicidade de administracións” ao coincidir na mesma área a Deputación e a Área Metropolitana.

Reclamou o “respecto á vontade e autonomía municipal” na adscrición e cesión de competencias á Área, así como un Plano Metropolitano “consensuado cos concellos”. Tamén reclamou que a composición reflicta o peso demográfico e económico dos diferentes concellos, así como a “desaparición da Deputación” da área e o traslado dos seus fondos ao novo organismo para evitar a duplicidade.

Sinalou que o financiamento dos gastos correntes do organismo “debe ser asumido a partes iguais entre os concellos, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia”.

Emenda

Os socialistas presentaron un total de 71 emendas a este proxecto de Lei, que na súa meirande parte foron desbotadas polo PP, polo que o portavoz socialista chamou a “deixar en segundo lugar os intereses políticos partidarios” de cara ao seu debate final no Pleno do Parlamento. Así, chamou a construír un órgano de xestión administrativa, que mellore a calidade do servizo para 470.000 cidadáns da área de Vigo”.

Explicou que as emendas socialistas están dirixidas á defensa da autonomía dos concellos, a mellora da gobernanza, o equilibro da representatividade, fundamentalmente de cara ao Concello de Vigo, que conta con dous terzos da poboación.

Sinalou que, por este motivo, a presidencia do ente “ten que ser do alcalde ou alcaldesa de Vigo independentemente da súa cor política”. Reclamou tamén o incremento do teito competencial e o “financiamento suficiente” para garantir o seu funcionamento “procedente de tódalas administracións implicadas”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar