Feijóo anuncia un tren Lugo - Ourense a menos dun quilómetro por minuto

Feijóo anuncia un tren Lugo - Ourense a menos dun quilómetro por minuto

Feijóo anuncia un tren Lugo – Ourense a menos dun quilómetro por minuto

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe o desleixo do presidente da Xunta para paliar o declive progresivo de actividade e poboación nas provincias de Lugo e Ourense en favor da costa atlántica. Na sesión de control do Pleno, responsabilizou a Feijóo de “alimentar os desequilibros internos”.

Fernández Leiceaga puxo como exemplo a “tomadura de pelo” que foi a visita do ministro de Fomento, esta semana a Lugo, para anunciar a renovación da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, o que, dixo, “está ben, pero é dicirlle aos cidadáns de Lugo que non van ter AVE en prazo razoable”.

Desafiou sen éxito ao presidente da Xunta a puntualizar que o ferrocarril entre as dúas capitais será AVE, xa que Feijóo comprometeu unha conexión ferroviaria de hora e media para cubrir os 80 quilómetros entre Lugo e Ourense, o que supón unha “alta velocidade” de menos dun quilómetro por minuto.

O responsable socialista sinalou que, coas peculiaridades orográficas destas provincias, “pensar que un tren AVE pode estar listo en 2021 é unha tomadura de pelo aos cidadáns de Lugo e un insulto á súa intelixencia”. Lembrou mesmo a promesa electoral de Feijóo, quen en 2009 sinalou que se Fomento non facía esta conexión “pagámolo nós”.

Continuou co relatorio de agravios ao interior de Galicia nas infraestruturas galegas, logo de 10 anos “sen noticias da VAC Costa Norte” que conectaría Ferrolterra e A Mariña luguesa, cando o único tramo inaugurado, a variante de Ortigueira, foi licitado polo goberno de Touriño.

Apuntou que hai tramos pendentes de licitar na A-56 e na A-76 que permitirían “renovar sensiblemente” as comunicacións entre Lugo e Ourense e entre Ponferrada e Ourense que “levan 6 anos perdidos nos caixóns de Fomento”.

Campo inclinado

Leiceaga realizou hoxe un símil co anuncio da Fifa cun campo de fútbol inclinado para acusar a Feijóo de provocar que “desde que vostede goberna, o campo, xa desnivelado, desnivelouse aínda máis” en contra do interior. Así, Lugo e Ourense teñen 122 dos 180 concellos que perderon máis dun 10 por cento de poboación dende 2009, con comarcas enteiras nas que no último ano hai máis de 10 falecementos por cada nacemento.

Advertiu que estas provincias carecen de proxectos relevantes de implantación industrial na última década, e o goberno galego suprimiu o Plan de Equilibro Territorial do goberno de Touriño para substituílo polos plans Lugo e Ourense, que remataron en 2015 e dos que “non coñecemos balance ningún”.

O Igape, continuou, só asinou un aval en 3 anos para as dúas provincias, e a reorganización das áreas sanitarias por parte de Feijóo “introducen máis división e afectan máis ás zonas periféricas de Galicia”. Lembrou neste sentido a urxencia de implantar hemodinámica 24 horas en Lugo e Ourense, unha “reivindicación histórica que cumpre poñer en marcha canto antes”.

Reivindicou así “incluír na axenda pública os desequilibros territoriais internos” para facer “todo o posible para darlle saída a estas provincias” coa xestión do goberno galego e “alimentar os proxectos en marcha”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar