Feijóo ampara unha nova reconversión encuberta a custe cero do sector lácteo

Feijóo ampara unha nova reconversión encuberta a custe cero do sector lácteo

Feijóo ampara unha nova reconversión encuberta a custe cero do sector lácteo

157vacaO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe ao presidente da Xunta de non establecer medidas de apoio aos produtores de leite o que poden provocar unha “reconversión encuberta a custe cero” que se saldaría coa desaparición de boa parte das explotacións. Así o dixo nunha rolda de prensa na que esixiu a comparecencia de Feijóo para fixar no Parlamento a posición do goberno galego diante da difícil situación do sector.

O responsable socialista fixou o Pleno do próximo día 15 como a data idónea para celebrar un debate monográfico coa comparecencia do presidente da Xunta, logo de que se teña celebrado a xuntanza do Consello de Ministros de Agricultura da UE prevista para o día 7. Advertiu que a día de hoxe “seguimos sen coñecer os plantexamentos do goberno galego, e cales son as súas demandas para Madrid ou Bruxelas”.

Pablo García sinalou que coa situación que está a atravesar o sector do leite, fundamental para Galicia como principal produtor do Estado, coa crise de prezos que está a atravesar, a desaparición do sistema de cotas e todo o sector mobilizado, “ninguén entendería que Feijóo non fixera unha comparecencia monográfica sobre o lácteo no Parlamento”.

Lembrou que os socialistas xa reclamaron a comezos do verán un Pleno Extraordinario sobre este tema e anunciou o seu respaldo ás propostas dos demais grupos neste sentido.

A data permitirá ademais avaliar as consecuencias de dita xuntanza na que a conselleira galega repite día tras día “ter postas todas as súas esperanzas de éxito a pesares de que non teña feito nin unha soa xestión para que iso sexa así” . Advertiu que un posible adianto das axudas da PAC sería un pobre resultado para a situación dos produtores, algo que “se da por descontado e que a única outra proposta que coñecemos xa foi rexeitada onte polo Comisario Europeo que é a de que se suba o prezo de intervención”.

García acusou o Goberno Galego de “utilizar unha vez máis a tan perfeccionada técnica Feijóo, que consiste que diante de un problema non aportar nin unha soa solución e dedicar todos os esforzos a culpabilizar a todos os demais”. Hoxe son os gandeiros galegos os que teñen que vender o leite a 0,2 euros, fronte aos 0,34 de Andalucía, Aragón ou mesmo Francia, advertiu que Feijóo “ten un problema que non vai vir ninguén a solucionarlle, e o tempo corre en contra dos produtores galegos”.

O deputado socialista demandou apoio para os produtores galegos, por canto “son os únicos que perden cartos e pechan as explotacións non concordando coa conselleira que día que hai que defender a todos, ata agora os únicos que están perdendo cartos son os gandeiros e son ós que ela debería defender”.

Criticou que a día de hoxe “nin sequera sabemos para quén van ir eses 300 euros por vaca que prometeu a ministra de Agricultura sen ningún tipo de explicación sobre os requisitos nin as partidas previstas”. O Ministro Francés en días pasados, en directo, en rolda de prensa pública veu a explicarlle á Ministra como había que facer as cousas, sen embargo nin a Ministra, nin Feijóo nin a Conselleira parecer ser que entenderon nada.

Esixiulle ao goberno galego que deixe de mirar para os gandeiros galegos e de acusalos de falla de organización cando é a propia Xunta, tal como lle dixo a ministra recentemente, a que non fixera os deberes no seu momento.

Foi o propio Feijóo, lembrou, quen boicoteou o intento fai 6 anos de crear un grupo lácteo galego con máis de 20 cooperativas implicadas, para despois constituír Alimentos Lácteos, que rematou cun investimento de 8 millóns de euros de fondos públicos nun proxecto que o “único que tiña de solvente era que o presidente era do PP”. Ese é o mesmo presidente que “agora laia día tras día por un proxecto industrial para o noso leite”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar