Feijóo amosa un "enorme interese" por boicotear calquera acordo coa oposición

Feijóo amosa un "enorme interese" por boicotear calquera acordo coa oposición

Feijóo amosa un "enorme interese" por boicotear calquera acordo coa oposición

Méndez Romeu censura a “irrelevancia” do presidente da Xunta no naval e á hora de tomar medidas de impulso económico e para frear os recortes sociais.

O portavoz do grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou o “enorme interese” amosado por Feijóo para “non acadar puntos de encontro coa oposición”. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento na que o PP impuxo o seu criterio para o debate do Estado da Autonomía que se celebrará a próxima semana.

O portavoz socialista criticou que o único interese do PP e do goberno galego sexa impoñer un novo recorte nos tempos de intervención da oposición, xa que “parécelle un exceso que falemos 40 minutos”. Criticou que este sexa a preocupación do partido que apoia ao goberno, secundando a estratexia de Feijóo de impoñer o seu “desleixo” na cámara autonómica, á que “nunca ven comparecer por iniciativa propia.

Méndez Romeu salientou que o presidente da Xunta e os grupos parlamentarios debaterán a próxima semana sobre o estado de Galicia “logo de 5 anos de goberno nos que Feijóo deixou patente a irrelevancia da súa política económica”, na que aplicou un “castigo xeneralizado a todos agás aos mais ricos”.

Sinalou que “si non se fala con seriedade das políticas de impulso da economía e do emprego e da reversión dos recortes sociais” resultará “difícil acadar puntos de encontro” entre os partidos da oposición e mailo goberno galego.

Malia que advertiu que os socialistas galegos “nunca pechamos a porta a manter acordos”, logo de cinco anos o PP ten “demostrado que non quere” ter puntos de encontro cos socialistas galegos, e “cando se teñen producido estes foron incumpridos sistematicamente polo goberno”.

Lembrou así as propostas de resolución para construír o dique flotante en Ferrol, incumprido por un Feijóo que “mesmo incumpre os seus propios compromisos unilaterais”, como é o caso do acordo con Pemex. Lembrou que dos 38 buques que ían construír os estaleiros galegos, logo de dous anos “só había un flotel, e agora xa o están troceando para levalo a Puerto Real sen que o presidente da Xunta saiba nada”.

Criticou que Feijóo teña “cambiado a política e a toma de decisións do goberno polos titulares nos medios e a política de comunicación”, limitándose a propoñer unha “fronte de indignados” pola decisión de Navantia. Apuntou que o presidente da Xunta demostra non estar “minimamente interesado” na situación do naval, obviando que aquela empresa precisamente é pública e está dirixida en último estremo polo ministro de Facenda, membro sinalado do PP.

Corrupción

O portavoz do Grupo Socialista deu a benvida ao anuncio “con retraso” do PP de tomar medias en contra da corrupción “logo de ter un ano paralizada a Comisión de Estudo contra a Corrupción” constituída no Parlamento de Galicia. advertiu que dito órgano acolleu a participación dos principais expertos de España na materia, que “de nada serviron porque o PP non quixo tomar medidas”.

Pola contra, dixo, o goberno galego respondeu cun “silencio sistemático” diante das irregularidades constatadas nas adxudicacións e contratos do goberno galego, e diante dos altos cargos da consellería de Traballo que “saen pola porta de San Caetano para entrar pola do xulgado”. A mesma estratexia que seguiu, dixo, diante do informe da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal sobre irregularidades no financiamento da sede do PP de Pontevedra.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar