Feijóo, alumno avantaxado de Rajoy na demolición da Lei da Dependencia

Feijóo, alumno avantaxado de Rajoy na demolición da Lei da Dependencia

Feijóo, alumno avantaxado de Rajoy na demolición da Lei da Dependencia

DependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe a Feijóo de actuar como “alumno avantaxado de Rajoy” na súa estratexia de “demolición da Lei de Dependencia”. Así o dixo ao constatar o veto do PP a unha iniciativa socialista debatida hoxe en Comisión para asinar un novo acordo que garanta a sostibilidade do cuarto piar do Estado do Benestar.

A deputada socialista sinalou que o presidente galego, lonxe de tomar a decisión de suplir os recortes aplicados por Rajoy á atención á Dependencia, como si fixeron Asturias ou Andalucía, optou por incrementar os copagos e reducir as prestacións, provocando o abandono de servizos e listas de espera “interminables” nas que 1.000 galegos e galegas faleceron no último ano co dereito recoñecido pero sen a prestación.

O recorte é tan brutal, dixo, que “hai que sentar as bases dun novo acordo a nivel do Estado” logo de que Rajoy e Feijóo converteran a Lei e “un papel baleiro de contido” pero “sen ter a valentía política de derrogala porque temen que lles reste votos”. De acordo cos últimos datos, hai 105.000 dependentes menos atendidos que en 2011, e 64.211 grandes dependentes, mentres 400.000 persoas agardan na lista de espera.

O coñecido como “limbo da dependencia”, con persoas co dereito recoñecido pero sen percibir ningunha prestación, aumentou a nivel estatal ata as 156.000, e “mais de 100.000 xa faleceron mentres agardaban. Estas son as consecuencias dun recorte de máis de 2.000 millóns de euros á dependencia, que para Galicia supuxo 111 millóns de euros menos.

Nesta Comunidade Autónoma hai 27.000 en lista de espera, o 41 por cento no limbo da Dependencia, no que este ano morreron máis de 1.000 persoas. Galicia é hoxe unha das autonomías con menor gasto promedio por habitante, con 88,67 euros, moi por debaixo da media de 104, sendo unha das que ten maiores maiores copagos, que con Feijóo aumentaron un promedio do 40 por cento, obrigando a moitos usuarios a abandonar un sistema inasumible.

Novos beneficiarios

Gallego advertiu ademais que os orzamentos previstos polo goberno galego para o ano 2016 só permiten atender a 3.500 persoas novas, co que o anuncio do conselleiro de incrementar as axudas a 10.000 novos usuarios resulta “ou pura propaganda ou preparar a atención con infraprestacións” co único obxectivo de reducir a lista de espera.

Gallego desafiou ao PP a apoiar un novo acordo para garantir a sostibilidade da Dependencia, conxelar os copagos e retirar as novas avaliacións para manter os dereitos recoñecidos aos actuais usuarios. Acusounos de “optar pola pura estética, puro postureo e nunca compromiso”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar