Feijóo alimenta a crise demográfica destrozando o mercado laboral

Feijóo alimenta a crise demográfica destrozando o mercado laboral

Feijóo alimenta a crise demográfica destrozando o mercado laboral

José Luis Méndez Romeu Carmen Gallego Pablo GarcíaO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de impulsar a crise demográfica con medidas ineficaces en contra da estabilidade laboral dos mozos e mozas. Así o dixo na sesión de control ao presidente celebrada hoxe no Pleno do Parlamento, na que acusouno de “ofrecer campañas de natalidade mentres destrozan o mercado laboral”.

Criticou que o modelo demográfico de Feijóo, que “propón lavados de cara fiscais mentres favorecen ás grandes fortunas política fiscal reactiva” e deterioran as condicións de traballo “e logo sorpréndense dos datos de nacementos”. Sinalou que tanto o modelo escandinavo como o francés inclúen elevada progresividade fiscal, mentres o primeiro oriéntase á igualdade laboral e Francia céntrase en fortes subsidios e política de vivenda.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de defender un “modelo centrado no natalismo, unha visión ideolóxica de raíz relixiosa con pouco precedentes” de países que o teñan aplicado. A súa principal iniciativa, advertiu, foi unha campaña de 1,5 millóns de euros que presentaba un modelo “edulcorado e irreal de familia” e que mentres pretendía incrementar os nacementos nun 50 por cento, reducíronse nun 8 por cento.

Advertiu que tanto o Plan de Natalidade,l que vén de iniciar o goberno galego, e a creación dunha Dirección Xeral de Dinamización Demográfica resultan “tan voluntaristas como limitados”. Redúcense, dixo, a “poucas prestacións acotadas e moitas declaracións de intencións”, como é “convencer ás empresas de que asuman os custes de conciliación, algo que non se ten logrado en ningún país desenvolvido”.

Méndez Romeu sinalou que “o problema non é a cantidade de xente, senón a súa calidade de vida” e apuntou que “o envellecemento combátese con oportunidades laborais para xóvenes, que emigran pola decadencia do país, o estancamento e a falla de oportunidades”.

Emprego e conciliación

Desmentiu as cifras ofrecidas polo presidente da Xunta presentando os datos oficiais do IGE que revelan que o emprego e a natalidade medraron conxuntamente entre 1995 e 2008 e descenderon tamén conxuntamente dende o ano 2009. Engadiu que as dúas variables están relacionadas, polo que as liñas principais de actuación deben ser “o impulso do emprego e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral”.

Sinalou que as axudas directas son “necesarias pero insuficientes”, xa que “o decisivo é o traballo das persoas mozas en idade fértil para que teñan expectativas e confianza no futuro”. Alertou da imposibilidade de ter fillos con contratos de dous meses, salarios por debaixo do mínimo, sen capacidade de independizarse e coa política de vivenda social “liquidada”.

Hoxe, explicou, as mulleres “teñen que elixir entre unha dobre xornada laboral e familiar ou abandonar o seu traballo”, e hai “mais mulleres cabezas de familia que homes, con máis temporalidade, máis xornada parcial, menos salarios e máis parados”.

A realidade é que 30.00 familias galegas carecen de gardería, o que afecta ao 55 por cento dos rapaces menores de 3 anos, de acordo cos datos da Consellería de Asuntos Sociais, e que “non hai garderías nos polígonos industriais e apenas nas empresas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar