Feijóo agocha acordos do Consello por 280 millóns, "fixéchela boa, presidente"

Feijóo agocha acordos do Consello por 280 millóns, "fixéchela boa, presidente"

Feijóo agocha acordos do Consello por 280 millóns, “fixéchela boa, presidente”

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, advertiulle hoxe a Feijóo que “fixéchela boa, presidente”, logo de coñecer polos medios de comunicación que agochou acordos tomados nos consellos da Xunta por valor de 280 millóns dende 2013 mentres presentaba outros 44 informes de carácter publicitario carentes de validez real.

O responsable socialista replicou hoxe en ton irónico ao encabezamento do prólogo ao compendio de discursos de Feijóo no Parlamento, que foi presentado onte oficialmente na Cámara autonómica, e que os seus colaboradores titulaban “Estiveches ben, presidente”. Díaz Villoslada sinala que “a ironía non agocha sen embargo a gravidade dunha actitude que se ten feito norma polo presidente da Xunta”.

Advirte que “agochar acordos de contido millonario e facer públicos sen embargo informes sen validez algunha choca frontalmente co compromiso de transparencia e boas prácticas que predica o presidente da Xunta”.

Por iso anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias para que o goberno galego precise esta información xornalística e clarifique “ata onde chegan na súa política de agochamento de acordos e por qué toman esta decisión”. Ademais, esixirá que “pare na súa estratexia da confusión ao publicitar documentos sen validez mentres agochan os que realmente teñen relevancia para os orzamentos de tódolos galegos e galegas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar