Feijóo acerta cando rectifica coa Área Metropolitana

Feijóo acerta cando rectifica coa Área Metropolitana

Feijóo acerta cando rectifica coa Área Metropolitana

O deputado socialista Abel Losada sinalou hoxe que Feijóo “só acerta cando rectifica” co proxecto de Área Metropolitana de Vigo, nacido morto pero “resucitado grazas ao traballo do PSdeG e ao papel fundamental do alcalde da cidade, o socialista Abel Caballero”. Así o dixo na comparecencia en Comisión do director xeral de Administración Local para informar sobre o proxecto de reforma a Lei da Área Metropolitana.

O responsable socialista lembra que o proxecto se ten reactivado coa reforma da Lei de Área Metropolitana grazas ás aportacións dos socialistas de Vigo, que acordaron co goberno galego a incorporación das súas demandas ao borrador abrindo “unha nova etapa no territorio. Puntualizou que as emendas da cidade “melloran o texto pero non serán unha escusa para que a Xunta non impulse a súa aprobación definitiva”.

Losada reivindicou que a cidade teña un rango semellante ao da capital de provincia na dotación de servizos públicos, e esixiulle a Feijóo que explique “por qué non quere incluílo na Lei”. Sinalou que a principal Área Metropolitana de Galicia merece contar con parte dos tributos estatais ou autonómicos como posible ingreso, entre outras medidas relevantes que o goberno galego se resiste a aceptar .

Neste sentido, reclamou melloras no transporte metropolitano, a retirada da condición de contigüidade para os concellos que desexen integrarse cando dispoñan dun vencello económico e social.

Reclamou a capacidade da Xunta de Goberno de establecer o seu calendario de competencias, que serán voluntarias para os integrantes, a asunción de funcións habilitadas ou de xerencia por persoal dos concellos ata a aprobación do regulamento orgánico. Finalmente, defendeu a autonomía local no que se refire á subrogación de funcións da Área Metropolitanta.

O deputado socialista sinalou que foi o alcalde de Vigo o que reactivou a Área Metropolitana despois das eleccións municipais de 2015 e logo dun proxecto inicial que “nunca arrancou porque Vigo non consentiu que se lle gobernara dende fora, cun proxecto enganoso, pensado só para os intereses partidarios do PP”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar