Feijóo abandona aos mariscadores e mariñeiros enrolados en terceiros países

Feijóo abandona aos mariscadores e mariñeiros enrolados en terceiros países

Feijóo abandona aos mariscadores e mariñeiros enrolados en terceiros países

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica sobre a supresión do Seguro Colectivo de Accidentes dos homes e das mulleres que traballan no mar, e que deixou desprotexidas a 30.000 persoas.

Soneira, tras coñecer que o TSXG admitiu o recurso pola retirada deste seguro, amosou a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras do mar e denunciou que o Goberno de Feijoo abandonou a un dos colectivos mais desprotexidos como os mariscadores a pé, e tamén aos mariñeiros galegos enrolados en barcos de terceiros países .

A deputada sinala que o Seguro Colectivo de Accidentes no Mar cubría aos tripulantes galegos de calquera embarcación pesqueira, debidamente enrolados e con independencia do seu abandeiramento, así como os mariñeiros non galegos que cotizan no Réxime Especial do Mar da Seguridade Social, incluídos no TC2 dun buque pesqueiro con porto base en Galicia. Explica que o seguro comprendía aos mariscadores, con autorización da Consellaría de Pesca, no desempeño lícito da súa actividade.

Advirte que xa pasaron meses daquela decisión irresponsable do Goberno de Feijoo, e replica que o colectivo segue sen dispor de ningún tipo de seguro que supla as coberturas daquel seguro. Dixo que “polo camiño temos asistido a varios accidentes que, sen esta cobertura, quedaron aboiados o puro azar”.

Por iso anunciou que rexistrou unha interpelación na que reclama coñecer entre outros asuntos;

1.ª) É consciente a Sra. conselleira que, ao suprimir este seguro, deixou sen cobertura a todos os mariñeiros galegos enrolados en barcos abandeirados en terceiros países?

2.ª) É consciente a Sra. conselleira que hoxe hai varios milleiros de homes e mulleres, traballadores do mar, que non teñen ningún tipo de seguro que lles cubra un posible accidente no exercicio da súa actividade?

3.ª) Cando ten previsto a Consellaría do Mar publicar a Orde de subvención do seguro obrigatorio de responsabilidade civil?

4.ª) Que vai facer a Consellaría do Mar para que os armadores complementen esa póliza con cláusulas que aseguren, individualmente, a todos e cada un dos tripulantes enrolados en buques con porto base en Galicia?

5.ª) Que vai facer a conselleira do Mar para asegurar os posibles accidentes dos galegos enrolados en buques de terceiros países?

6.ª) Que vai facer a Consellaría do Mar para asegurar os posibles accidentes dos homes e mulleres que, exercendo a actividade marisqueira a pé, non necesitan estar enrolados en ningún buque?

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar