A favor da regulación das touradas en Galicia

A favor da regulación das touradas en Galicia

A favor da regulación das touradas en Galicia

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, instou hoxe ao PP a que inclúa a regulación das touradas na Lei de Benestar dos Animais de Compañía de Galicia. Así o dixo no debate en Comisión deste texto, aprobada coa abstención dos socialistas galegos, que manterán 20 emendas para o debate final no Pleno do Parlamento.

A responsable socialista advertiu que a exclusión das touradas do ámbito de regulación da Lei supón “descoñecer o que reclama a sociedade” cando o 90 por cento das aportacións ao debate da norma facían referencia a estas prácticas. Acusou ao PP de “defender o sufrimento –dos animais- por pura diversión”.

Sinalou que “a percepción da sociedade ten mudado” con relación ás corridas de touros, que hoxe son percibidas como “un espectáculo de tortura e sufrimento”, e considerou un “despropósito” que os animais sexan considerados seres vivos que senten “facendo unha excepción cos touros”. Criticou que a Lei sexa un “copia – pega” da Lei madrileña, que “non ten nada que ver con Galicia neste sentido”.

Así se demostra, dixo, cando presentan unha Lei limitada aos animais “de compañía”, máis restritivo que a Lei en vigor neste momento, obviando a importancia fundamental dos animais domésticos en Galicia. Curiosamente, sinalou, a Lei si que “impide o uso de animais salvaxes nos circos pero non di nada dos animais domésticos que tamén son empregados nestes espectáculos”.

Os socialistas propuxeron ademais facer extensiva a obriga de identificación, hoxe limitada aos cans, a tódolos animais de compañía, así como regular a colaboración do goberno autonómico cos concellos para manter as colonias felinas. As emendas socialistas reclaman garantir o bo estado de saúde das cadelas empregadas para cría e a prohibición de prácticas como o tiro ao pombiño.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar