Falta de recursos da Xunta para a loita contra o furtivismo

Falta de recursos da Xunta para a loita contra o furtivismo

Falta de recursos da Xunta para a loita contra o furtivismo

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, censurou hoxe a falla de recursos postos “enriba da mesa” pola administración autonómica na loita contra o furtivismo. Así o dixo na comparecencia do goberno en Comisión para facer balance desta actividade, na que os socialistas reclamaron sancións “duras e eficaces” contra furtivos e sobre quen adquire o produto “a sabendas”.

Torrado apuntou á “imprescindible coordinación” entre os departamentos implicados na loita contra o furtivismo, que supón un fraude que pon en perigo a saúde do consumidor, vulnera a competitividade e dificulta a optimización dos recursos marisqueiros. A dispersión das funcións entre as distintas administracións, explicou, reducen a eficacia da loita contra esta actividade.

Engadiu que a falla de medios e recursos impide perseguir estas actividades fraudulentas de xeito eficaz, e puxo como exemplo as tarefas de vixilancia, que a administración descarga nas confrarías pero provoca que as axudas cheguen “tarde e mal”. Estas entidades non dispoñen de liquidez, dixo, para exercer as tarefas ás que lle obriga a Xunta, cando “sería moito máis razoable que a administración asumira a vixilancia”.

Apuntou ademais á necesidade de ser “especialmente duro” á hora de sancionar para salvar as dificultades que impoñen os propios furtivos, que realizan esta actividade deliberadamente con vehículos e embarcacións que non son da súa propiedade. Reclamou “valentía” para sancionar tamén o uso habitual destes vehículos e contemplar sancións que non sexan materiais para os detidos que se declaren insolventes.

Abriu ademais a posibilidade de sancionar tamén a aqueles que adquiren os produtos a sabendas que procedan do furtivismo como unha forma de “pechar o círculo” para perseguir esta actividade dende tódolos ángulos posibles. Alertou contra o perigo de “deixar espazos baleiros ou fendas no sistema” polo que poidan deslizarse estas actividades.

Campañas

O responsable socialista aplaudiu a iniciativa de impulsar campañas de concienciación dende o goberno galego, pero lembrou a paradoxa daquela realizada baixo o lema “Non piques, non peques”, que “sorprendentemente recomendaba consumir especies en tempo de veda, co que “con toda probabilidade procederan do furtivismo”.

Ademais, acusou ao goberno galego de “deseñar ideas para que as apliquen os demais”, iniciando campañas que obrigan a financiar aos concellos, “fartos de que o goberno galego os sobrecargue de funcións que non van acompañadas de orzamentos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar