Falso vitimismo de Feijóo cos incendios forestais

Falso vitimismo de Feijóo cos incendios forestais

Falso vitimismo de Feijóo cos incendios forestais

incendio-xurésO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou hoxe o “demagóxico e falso vitimismo” de Feijóo con relación aos incendios forestais. Advirte que “os cidadáns en xeral e os afectados en particular precisan un presidente que enfronte os problemas” e non que cada vez que hai un incendio desvíe a atención apelando á “colaboración cidadá” e á “persecución dos incendiarios”.

García sinala que “ninguén pon en dúbida que hai que perseguir con todos os mecanismos posibles aos incendiarios, pero centrarse neste aspecto exclusivamente é irresponsable ademais de pouco eficaz”. Esixiulle a Feijóo “mais traballo neste problema estrutural que padecemos e menos titulares rimbombantes apelando a defendernos dun ataque”.

Considera que a política de incendios resulta “insostible economicamente” e que se basea “unicamente nun dispositivo de extinción cada vez mais fragmentado, menos operativo, menos profesional, menos eficiente e mais caro a través do sistema de brigadas municipais”.

Lamenta que “a prevención quedou relegada a un cumprimento, no mellor dos casos, teórico sobre o papel sen ningún tipo de priorización nin planificación a curto, medio nin longo prazo”.

Zonas Protexidas

O parlamentario socialista pregúntase “por qué nos escandalizamos tanto cando se queiman miles de hectáreas de zonas protexidas, Rede Natura ou Parque Natural cando o que deberíamos preguntarnos é que medidas de prevención e tamén con que medidas e medios de extinción contan estas zonas a diferenza dunha zona non protexida”.

Pablo García advirte que “para este goberno non existe ningún tipo de prioridade para estas zonas no que atinxe os incendios forestais, nin na prevención nin na extinción”.

Problemas no DF XVI (Deza, Tabeirós-Terra de Montes).

Hoxe o voceiro de Medio Rural rexistrou unha pregunta no Parlamento Galego interesándose polos problemas que veñen ocorrendo no último ano no Distrito Forestal XVI, que comprende, Deza e Tabeirós – Terra de Montes, sen que ata o momento por parte da Consellería de Medio Rural se tomasen cartas no asunto.

Entre as moitas irregularidades citou a “falla de organización, suposto abuso de poder do seu máximo responsable, cuadrantes que tiveron que ser modificados xa en cinco ocasións, incumprimento da normativa nas quendas, brigadas inoperativas en moitos días, puntos de vixilancia semanas enteiras baleiros, falla de material ou brigadas que non poden saír por falla de condutor son só algún dos exemplos”.

“Isto é do que se deberían ocupar os responsables da Xunta de Galicia –subliñou- e non de facer titulares”. Sinala que “coñecen este tema dende fai meses e non toman ningún tipo de medida para arranxalo, sabendo que o estar o servizo nesta situación é moito menos operativo diante dun lume.

Lamentou que “se temos a desgraza de ter un incendio como pasou nos días pasados na comarca seguro que virá o titular do presidente alentándonos a revelarnos contra os que queren destruír a nosa terra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar