Falla de vontade política para a protección do patrimonio cultural

Falla de vontade política para a protección do patrimonio cultural

Falla de vontade política para a protección do patrimonio cultural

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, demandou hoxe un “exercicio de vontade política” do goberno galego para garantir a protección do patrimonio. Así o dixo logo da presentación do proxecto de Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, que comeza o seu trámite parlamentario logo de ser aprobada polo goberno galego.

Vázquez sinalou que “nos gustaría que a presentación se tivera producido antes”, e chamou a asumir as recomendacións da oposición no seu trámite parlamentario e reeditar o amplo consenso recabado polo anterior texto. Sinalou neste sentido que a nova norma determina a “perda de consideración xurídica dos bens inventariados”, co risco que pode supor esta decisión para a protección do patrimonio.

Ademais, sinalou que “o patrimonio galego non ten un problema de cambio de Lei, senón que fallou o seu desenvolvemento”, ademais da “falla de vontade política” para a protección dos bens culturais galegos. Advertiu que actualmente o 30 por cento dos Bens de Interese Cultural atópanse nun estado de conservación “lamentable”, e “mesmo algúns deles están mesmo desaparecidos”.

O portavoz de cultura do Grupo Socialista engadiu que “a Xunta non ten incidido na súa política de patrimonio con cantidades suficientes consignadas nos orzamentos”, nunha liña de desleixo que continúa nos orzamentos de 2016, co que, concluíu, “mais que un problema de lexislación o que hai é que cambiar a política de patrimonio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar