Falla de vontade política do Goberno para integrar a Escola Superior de Conservación e Restauración no Sistema Universitario

Falla de vontade política do Goberno para integrar a Escola Superior de Conservación e Restauración no Sistema Universitario

Falla de vontade política do Goberno para integrar a Escola Superior de Conservación e Restauración no Sistema Universitario

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, criticou hoxe a “falla de vontade política” demostrada polo PP e o goberno galego ao rexeitar a proposta socialista para integrar a Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra no sistema universitario. Así o dixo logo de que o PP rexeitara a proposta presentada polos socialistas na Comisión de Educación celebrada hoxe.

Burgo explicou que esta Escola, única en Galicia, non pode soportar por moito tempo a forte competencia que lle están a facer as universidades que ofertan a titulación en Conservación e Restauración con unha duración e carga docente idéntica que a da Escola, pero que, mentras as universidades dan un título de grao universitario, a Escola só pode dar un título “equivalente” pero que non é universitario.

Sinalou que a titulación da Escola Superior non existe en Europa e coloca aos alumnos nun status xurídico feble, con menos dereitos que os alumnos universitarios, menos recursos e mais problemas laborais.

Acusou ao goberno galego de “tirar pola borda” todo o esforza realizado durante décadas que fai que a Escola de Conservación teña un alto nivel académico e unha excelente reputación dentro do seu sector profesional. Tamén lle pediu o PP que escoite a comunidade acádemica da Escola, profesores e alumnos que lle están a pedir a integración no Sistema Universitario.

Por este motivo presentou unha proposta para que a Xunta faga uso das súas competencias e integre os estudos desta Escola Superior no Sistema Universitario de Galicia de acordo coas dúas entidades afectadas. Advertiu da urxencia de acadar unha “solución política” na defensa dunha titulación “fundamental na defensa do patrimonio e da cultura de Galicia”.

Plataforma

A responsable socialista respaldou hoxe totalmente as demandas da Plataforma Galega de Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores na Universidades, que reclama un novo marco normativo para as ensinanzas artísticas.

Advertiu que esta Plataforma está a reflectir precisamente este problema relativo ás escolas superiores, que conceden un título equivalente pero “fora do ensino universitario”, que na realidade “non existe na UE” e lles provoca “graves problemas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar