Falla de respecto da Xunta contra a cultura galega

Falla de respecto da Xunta contra a cultura galega

Falla de respecto da Xunta contra a cultura galega

PlenoO portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, criticou hoxe a “falla de respecto” do goberno galego pola cultura galega, como se deduce do estrangulamento orzamentario e dos ataques reiterados contra a lingua. Así o dixo na comparecencia en Comisión do secretario xeral de Cultura para dar conta das políticas de internacionalización da cultura galega.

O responsable socialista advertiu que “para poder desenvolver unha política seria de internacionalización primeiro temos que apostar por un cambio na política cultural interna”, cando o goberno galego “fixo de todo menos comprometerse” coa cutlura galega. Ao contrario, dixo, a política cultural do goberno de Feijóo caracterizouse pola “falla de respecto e políticas de desprestixio”.

Así, mentres rachaba co Plan de Normalización Lingüística e encetaba un ataque sen precedentes en democracia contra o galego, instaurando o dereito a ignorar a lingua propia de Galicia tanto na formación como na acción administrativa do goberno galego. Ademais, os orzamentos dirixidos á cultura pasaban de 141,06 millóns en 2004 aos 57,7 de 2015.

Sentenciou que “sen recursos é imposible potenciar a nosa cultura e a nosa lingua” e sinalou que “o prestixio non só se acada con recursos, senón con principios, con crer nas cousas, e este goberno demostrou que nisto non cre”. Así o demostra o feito de que nun entorno de baixada orzamentaria do 10 por cento, a cultura padece unha diminución do 40 por cento.

Acusou ao goberno de Feijóo de encetar unha “contrarreforma consistente en deixar morrer á cultura galega”, ignorando que mobiliza a mais do 2 por cento do PIB de Galicia, e sinalou que “de nada serve que pretendan tapar o que é un clamor: o abandono progresivo da cultura galega”.

Internacionalización

O deputado socialista criticou a “política pobre” en materia de internacionalización, “sen planificación, sen miras, sen perspectiva, sen un marco estratéxico que aposte en serio polo noso posicionamento no mundo”, con “escasas axudas dirixidas á promoción de misións comerciais e de intercambio.

Emilio Vázquez propuxo así utilizar o achegamento de Galicia a Portugal para “poñer de manifesto o noso papel de ponte entre a cultura hispana e a lusa”, integrada por 250 millóns de persoas ao longo de 4 continentes, e “aproveitar as nosas relacións privilexiadas con este entorno xeopolítico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar