Falla de previsión da Xunta para afrontar a calor durante as oposicións en Ourense

Falla de previsión da Xunta para afrontar a calor durante as oposicións en Ourense

Falla de previsión da Xunta para afrontar a calor durante as oposicións en Ourense

A deputada socialista Noela Blanco criticou hoxe a “falla de previsión” do goberno galego para habilitar espazos preparados para as altas temperaturas que padeceron centos de opositores que se examinaron a pasada fin de semana en Ourense. Blanco presentou unha serie de iniciativas nas que cuestiona que a Xunta fixera caso omiso dunha alerta amarela por elevadas temperaturas na provincia.

A parlamentaria socialista apunta que os aspirantes atopáronse cuns “auténticos invernadoiros pola falla de previsión da Xunta de Galicia, que non puxo os medios axeitados”. Así sucedeu sinaladamente nos centros IES As Lagoas e o CIFP A Farixa, onde tiveron lugar os exames de profesores de Bioloxía e Xeoloxía e de Educación Infantil.

Blanco explica que “en moitos casos os propios membros do tribunal tiveron que atender aos opositores facilitándolles medios para secarse o suor, asperxéndoos con auga con vaporizadores ou incluso atendendo indisposicións”. Criticou que o goberno galego “obrigou que persoas que levan anos preparando unhas probas coas que se xogan o seu futuro laboral non puideran realizar os exercicios en centros cunha refrixeración axeitada”.

Apunta que “na cidade, e nos propios centros onde se desenvolveron os exames, había dispoñibles outros espazos que contaban con aire acondicionado”. Por este motivo presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que pregunta pola falla de medidas para garantir as condicións dos opositores, así como as iniciativas previstas para que esta situación “non se repita en futuros procesos selectivos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar