Falla de medidas efectivas da Xunta para prever os efectos das cinzas sobre a produción marisqueira

Falla de medidas efectivas da Xunta para prever os efectos das cinzas sobre a produción marisqueira

Falla de medidas efectivas da Xunta para prever os efectos das cinzas sobre a produción marisqueira

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou a falla de medidas efectivas e reais para a prevención dos efectos das cinzas da vaga de lumes sobre a produción marisqueira. Así o dixo durante o debate dunha pregunta oral sobre a caída da produtividade nas rías galegas que se celebrou hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento.

O responsable socialista trasladoulle hoxe ao goberno galego a “inquedanza” dun sector “xa maltratado pola perda de produción” e que agora “vese sumido da incertidume pola pasividade do goberno galego”. Puntualizou que “máis alá dos anuncios do goberno, os mariscadores non están a ver a intervención do Executivo para protexer o seu medio de vida”.

Lembrou que os socialistas pediron xa na semana pasada a activación do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña –Camgal-, que establece as normas e procedementos básicos de actuación, a estrutura de organización e o sistema de resposta fronte a un episodio de contaminación mariña accidental que afecte ao litoral galego.

Saneamento

Torrado denunciou o “desleixo” do goberno galego á hora de levar adiante o saneamento das rías, o que produce unha caída da produtividade, con resultados “nefastos”. Criticou que ante un problema “multicausal” que require dunha actuación integrada en varias frontes, “o PP rexeita tódalas accións que se propoñen, xa sexa rexeneración das rías, dragados, limpeza ou reposición de sementes”.

Sinalou que “unha mente mal pensada podería pensar que o goberno abandona ao marisqueo, incluso afondando na súa decadencia, para forzar a que as confrarías se vexan obrigadas a intentar xestionalo”. Lembra que mentres en 2009 había 6.500 permisos marisqueiros, e a Xunta fixaba como obxectivo chegar aos 8.000, agora mesmo “hai menos de 4.000”.

Ría de Arousa

Criticou as “partidas irrisorias” dispostas nos orzamentos de 2018 para o saneamento e depuración, que “dan unicamente para facer proxectos, pero nada para intervir de verdade”. É o caso da Ría de Arousa, que logo de asumir a maior caída de Permex de Galicia, os orzamentos previstos para saneamento “so dan para facer papeis”.

Criticou que “a produción da ría máis produtiva do mundo está en perigo e vostedes unicamente pagan papeis”, e acusounos de “pretender facer un saneamento en diferido” pero, engadiu, “aquí, ao contrario que nos contratos que fai o PP, non pode haber diferidos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar