Falla de interese do Goberno galego pola falla de prazas no tren Vigo - A Coruña

Falla de interese do Goberno galego pola falla de prazas no tren Vigo - A Coruña

Falla de interese do Goberno galego pola falla de prazas no tren Vigo – A Coruña

A deputada socialista Patricia Vilán levou hoxe á Comisión de Infraestruturas do Parlamento unha pregunta oral sobre a falla de prazas no tren que une Vigo e A Coruña. Lamenta o “desinterese” do goberno galego, que confesou o seu descoñecemento deste problema polo que centos de viaxeiros teñen que quedar en terra, sinaladamente os luns e venres.

Advertiu que estes días “hai un número insuficiente de prazas, polo que necesariamente hai que sacar o billete con un ou dous días de antelación”, co problema que iso supón para os usuarios, cando moitas estacións a reserva non funciona os sábados nin domingos, e a reserva por internet resulta inviable con abono.

Apunta que a propia Renfe “é perfectamente coñecedora deste problema, pero non ofrece solucións, xa que nin aumenta o suficiente o número de prazas nin as frecuencias destes servizos ferroviarios”.

Sinalou que “o Goberno galego non pode ser alleo a esta situación que afecta á cidadanía galega e a moitos turistas que visitan a nosa comunidade, e debe demandar do Goberno do Estado unha pronta solución ao respecto”. Reclamou así as medidas previstas polo goberno “para que os usuarios e usuarias non volvan ter problemas á hora de comprar billetes neste tramo ferroviario”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar